AD

Comarca

Arzúa acollerá un encontro fotográfico para poñer en valor a súa historia e natureza

today2 abril, 2026

Fondo
share close
AD

A iniciativa, organizada pola comunidade creativa Fotowalk Galicia en colaboración coa Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, convidará a retratar a identidade do municipio. A inscrición, de balde, xa está aberta

Arzúa, 2 de abril de 2026.- Arzúa acollerá o vindeiro sábado 11 de abril un encontro fotográfico que combinará formación e práctica nun percorrido por algúns dos espazos máis representativos do municipio. A actividade estará organizada pola comunidade de creadores Fotowalk Galicia, cuxo responsable é Sergio García, en colaboración coa Concellería de Turismo de Arzúa, que dirixe Begoña Balado.

O punto de encontro será na Praza de Galiza ás 10:30 horas, desde onde dará comezo unha xornada que permitirá ás persoas participantes achegarse á fotografía de rúa e ao territorio desde unha perspectiva creativa, poñendo o foco na identidade, na paisaxe e no patrimonio local.

A programación incluirá unha charla práctica sobre fotografía de rúa na Casa de Correos, ás 11:30 horas, impartida polo fotógrafo Joshua Ñañez, cunha traxectoria de máis de 15 anos neste ámbito, na que se abordarán cuestións como a captura de momentos espontáneos, o uso da luz, a composición ou a importancia da narrativa visual. A sesión servirá como punto de partida antes de iniciar o percorrido.

A continuación, desenvolverase unha visita guiada polo casco histórico de Arzúa, que permitirá ás persoas participantes coñecer de primeira man o patrimonio da vila ao tempo que poñen en práctica os coñecementos adquiridos durante a charla.

Ao longo do día, o grupo visitará diferentes enclaves de interese como o Castro Curbín, a aldea de Ribadiso, a Fervenza das Hortas, o encoro de Portodemouros, o Enredo do Abelleiro —Museo Vivente do Mel— e a capela da Fonte Santa, combinando así espazos naturais, patrimoniais e etnográficos.

A inscrición para participar nesta actividade, de carácter gratuíto, xa está aberta a través do correo electrónico fotowalkgalicia@gmail.com.

A concelleira de Turismo de Arzúa, Begoña Balado, destacou que “este tipo de iniciativas permiten amosar Arzúa desde unha mirada diferente, poñendo en valor os nosos recursos naturais, culturais e patrimoniais”. Ademais, sinalou que “é unha oportunidade para proxectar a imaxe do noso territorio a través da creatividade e da fotografía”.

Desde o Concello subliñan que este encontro contribuirá a reforzar a promoción de Arzúa como destino vinculado á natureza e á experiencia, ao tempo que fomenta a participación e o intercambio entre persoas afeccionadas á fotografía.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *