AD

Comarca

Arzúa celebra o I Showroom no Camiño cunha gran afluencia de público

today27 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O evento, organizado pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), tivo como fin dinamizar as mercas do Nadal no comercio local.

Arzúa, 26 de novembro de 2024.- O SHOWROOM NO CAMIÑO organizado por AECA tivo lugar na tarde do pasado sábado, 23 de novembro, na antiga Casa de Correos; unha construcción rehabilitada recentemente e que está situada no centro máis histórico de Arzúa; ao pé do Camiño de Santiago.

Este novidoso evento social de dinamización comercial desenvolveuse en formato “sala de exposición” e convocou a artesáns locais e comerciantes pertencentes ao Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Os expositores MOHEVA de TGM, MAMA TERESA DOCES ARTESÁNS e GUARNICIONERÍA HERMANOS GÓMEZ amosaron o seu talento a través dos seus produtos de extraordinaria calidade e con valor engadido; diferenciados e recoñecidos estos ademáis pola súa fabricación sostible, polo recoñecemento de Artesanía Alimentaria e pola marca Artesanía de Galicia respectivamente.

Por outro lado, as tendas expositoras de moda ESTRENAS ZAPATERÍA E COMPLEMENTOS, MI TATA, MÍA MARÍA STORE e MODA SARI achegaron ao público o encanto das últimas tendencias e avances das súas coleccións de inverno a través dunha coidada mostra de prendas que non deixaron indiferentes aos asistentes. A presentación das súas propostas de moda estaba centrada no Nadal, con suxerencias para lucir durante as vindeiras festividades; en ceas con amigos, encontros de empresa ou reunións familiares. Ademáis, a mostra inclu´ía moitas opcións para agasallar.

O SHOWROOM NO CAMIÑO foi máis alá dunha simple exposición de produtos; a través de esta actividade AECA deulle visibilidade e promocionou o seu comercio local. Procurou captar a potenciais novos clientes para o CCA Arzúa, e a sala de exposicións converteuse nun espazo de interacción e de confianza co público, onde se fortaleceron vínculos de amizade coa clientela, xeráronse vendas directas e efectuáronse numerosas reservas para logo probar en tenda.

A celebración de este showroom ademáis supuxo un punto de encontro no cal déronse cita diferentes personalidades afeccionadas ao mundo da moda. O evento contou coa asistencia de bloggers fashionistas e influentes da zona interior de Galicia como Laura Orois ou Andrea Boado, e tamén se contou coa presenza da Miss e modelo profesional Iris Miguélez, quen amadriñou esta 1ª edición do SHOWROOM NO CAMIÑO.

A organización da AECA fai unha valoración moi positiva do evento, posto que superaron as súas expectativas de afluencia e cumpriron os seus obxectivos. Así pois, esperan poder repetir a experiencia no vindeiro ano cunha segunda edición.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%