AD

Comarca

Arzúa celebrará o 25 de abril a tradicional Xuntanza dos Maiores

today1 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Arzúa celebrará o vindeiro 25 de abril de 2026 a 28ª edición da Xuntanza dos Maiores, unha cita xa consolidada no calendario anual municipal e dirixida á poboación de maior idade. A iniciativa está promovida polas concellarías de Cultura e Benestar Social, dirixidas polo concelleiro José Luis García López, e ten como obxectivo ofrecer unha xornada de encontro, convivencia e recoñecemento ás persoas maiores do municipio.

A Xuntanza dos Maiores nace coa finalidade de fomentar a participación social deste colectivo e reforzar o seu papel activo na vida da comunidade. Nun contexto marcado pola dispersión xeográfica e polo progresivo envellecemento da poboación, esta iniciativa pretende contribuír a combater o illamento social e favorecer o reencontro entre veciños e veciñas.

Ao mesmo tempo, a xornada busca poñer en valor a traxectoria vital das persoas maiores e recoñecer a súa contribución ao desenvolvemento social, cultural e económico do Concello. A programación incluirá diferentes propostas de lecer e convivencia pensadas para promover o envellecemento activo, estimular a participación e favorecer o benestar das persoas asistentes.

O concelleiro de Cultura e Benestar Social destacou o valor desta celebración como un dos momentos máis significativos do calendario social municipal. “A Xuntanza dos Maiores é unha oportunidade para agradecer e recoñecer publicamente a toda unha xeración que contribuíu de maneira decisiva a construír o noso concello”, sinalou.

O edil subliñou tamén que esta iniciativa busca reforzar os vínculos comunitarios: “Queremos que as persoas maiores sigan sendo protagonistas da vida social e cultural do municipio. Esta xornada está pensada para compartir, reencontrarse e seguir fortalecendo a convivencia entre a veciñanza”.

Con esta actividade, o Concello reafirma o seu compromiso co impulso de políticas culturais e de benestar social, orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a promover unha comunidade máis cohesionada, inclusiva e participativa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *