Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 septiembre, 2025
Arzúa, 17 de setembro de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este venres, 19 de setembro, terá lugar no xardín da Casa de Correos a representación da obra teatral para público adulto Zozobra.
A función comezará ás 20:00 h. da man da compañía asturiana La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo.
A Condesa Dona Carmen e Alejandra, a súa inseparable serventa, son as protagonistas deste espectáculo de rúa. Tozudas e básicas transitan unha sentada nunha cadeira de rodas e outra tirando dela polo centro da cidade. Como recentemente chegadas doutro tempo, fálanse, berranse e non se miran, porque cada unha vai ao seu.
Este espectáculo de investigación utiliza a linguaxe do clown como eixo central e dota aos personaxes de alma, naturalidade e humor, achegando coherencia e singularidade a unha proposta destinada a conectar co público.
Esta función está incluída no programa Camiño Escena Norte, un proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa. Nesta sétima edición participan un total de 60 sedes e o Concello de Arzúa lévao facendo dende o primeiro ano
O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima ás familias “a participar nesta función e aproveitar un espectáculo de alta calidade do que, de non ser por este programa, sería difícil de ver na nosa zona”.
A participación está aberta a todos os públicos, aínda que vai especialmente dirixida ao público adulto. A entrada á función será libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)