AD

Comarca

Arzúa dá luz verde a melloras viarias e modificacións en proxectos de saneamento e urbanización

today10 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O Concello de Arzúa investirá máis de 450.000 euros en melloras viarias, saneamento e urbanización, cunha parte importante do orzamento adicada ás parroquias.

Arzúa, 10 de setembro de 2025. O Concello de Arzúa celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobaron diferentes actuacións de investimento enmarcadas no Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña, así como modificacións en proxectos en execución.

Melloras viarias nas parroquias

A Corporación municipal deu luz verde ao POS+ Adicional 2/2025, que recolle un conxunto de obras de mellora de vías en distintas parroquias:

  • Viario a Igrexa–Seixas (Dodro)

  • Viario en A Pena (Castañeda)

  • Viario a Preguntoño (Burres)

  • Viario en A Xunqueira (Maroxo)

  • Viario entre a Igrexa–A Pena (Maroxo)

  • Viario en Lema de Arriba (Lema)

  • Viario en Guldrís (Rendal)

  • Ampliación da pista en Lema de Abaixo (Lema)

Pola súa parte, no núcleo urbano aprobouse a renovación dos pavimentos na Rúa Piñeiral (Arzúa).

Estas obras compleméntanse coas xa aprobadas anteriormente no marco do mesmo plan: mellora vial de Sesar a Soutullo (San Martiño) , pista do Cruce Samil ata o límite (Santo Estevo), pista de Requeixo–Igrexa da Mella (Mella) e pavimento vial de Fonxe a Agra de Vales (Santa María).

Proxecto de saneamento

O pleno aprobou tamén o proxecto modificado do saneamento no Camiño da Empegada, que incorpora un novo tramo de beirarrúa co obxectivo de mellorar o acceso para persoas con discapacidade e mobilidade reducida.

Proxecto de urbanización

Outro dos acordos foi a aprobación do proxecto modificado de urbanización da Fraga do Rei dende a Avenida de Lugo. Debido a cuestións técnicas, o sistema inicial de soterrado de colectores foi substituído por contedores de superficie, protexidos con valados. O proxecto tamén recolle unha cesión de terreos dun veciño e outras actuacións que permiten mellorar a planificación inicial, optimizando tanto a integración urbanística como a funcionalidade do espazo.

Seguimento do pleno

O pleno extraordinario emitíuse en directo a través das redes sociais de Radio Arzúa e está e pode verse íntegro a través da seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/share/v/1637MRLPEj/?mibextid=wwXIfr

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *