Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Arzúa mantivo unha produtiva reunión con Augas de Galicia para abordar varios proxectos de mellora que beneficiarán ao noso concello. Entre os temas tratados destacan a limpeza e drenaxe dos ríos do concello, a ampliación da traída de augas en Arzúa, e a recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo, no río Viso.
Limpeza e drenaxe dos ríos
A primeira das demandas trasladadas foi a limpeza e drenaxe dos ríos do concello, centrando os esforzos na zona de baño de Ribadiso. Esta medida melloraría a calidade da auga e garantiría un espazo limpo e seguro para o desfrute de toda a veciñanza e visitantes.
Ampliación da traída de augas
Outro punto chave da reunión foi a ampliación da traída de augas en Arzúa. Este proxecto é fundamental para garantir un abastecemento adecuado e sostible a toda a poboación, mellorando así a calidade de vida da veciñanza e fortalecendo a infraestrutura hídrica do concello.
Recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo
Ademais, trasladamos que era urxente a recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo, no río Viso. Esta actuación é esencial para mellorar a conectividade e seguridade das e dos peóns, facilitando o acceso e transitabilidade na zona.
Declaración do alcalde
«A veciñanza de Arzúa paga un canon de 78.000 euros anuais a Augas de Galiza. Non queremos poñer en cuestión a necesidade de pagar dito canon, nin o traballo de xestións que fai Augas de Galiza, que entendemos como imprescindíbel. Mais con esta reunión si quixemos aproveitar para incidir naqueles puntos e actuacións que pensamos máis benefician ao noso concello e, polo tanto, máis benefician ao día a día da veciñanza de Arzúa, e que son accións que hai que desenvolver canto antes. Entendemos polo tanto que o canon que pagamos todas as arzuás e arzuáns ten que repercutir en mellorar o noso día a día» destacou Xoán Xesús Carril ao remate da reunión.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)