Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 noviembre, 2025
Martes, 4 de novembro de 2025. O Concello de Arzúa, a través da Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana, que dirixe Begoña Balado, vén de anunciar unha nova edición do Día do Comercio Local, que se celebrará entre o 6 e o 8 de decembro.
A iniciativa, que cumpre xa a súa 13ª edición, nace co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalaría arzuá coincidindo coa chegada da campaña de Nadal e coa feira quincenal, dous momentos destacados para o consumo e a actividade económica no municipio.
Durante esas tres xornadas, Arzúa converterase nun espazo de encontro e celebración, cunha programación chea de actividades, promocións especiais e animación de rúa, pensadas para todos os públicos. O obxectivo é poñer en valor o tecido comercial e hostaleiro local, fomentar o consumo de proximidade e premiar a fidelidade da clientela.
Dende o Concello fan un chamamento aos establecementos comerciais para que se sumen á iniciativa, ofrecendo descontos, sorteos, vales de compra ou outras promocións. Ademais, convidan a bares, restaurantes e cafeterías a participar na ruta de tapas, unha proposta que permitirá dar a coñecer a riqueza gastronómica da comarca e os seus produtos de calidade.
O Concello de Arzúa será o encargado de difundir o evento, elaborar cartelería, programas e material informativo coas propostas participantes, así como de organizar as actividades paralelas que completarán o programa do Día do Comercio Local.
Os establecementos interesados en participar poden inscribirse de balde na Área de Comercio do Concello de Arzúa, chamando ao 655 947 196 ou escribindo a info@turismoarzua.gal, antes do 7 de novembro.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)