Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 marzo, 2024
Martes 19 de marzo de 2024 A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, organiza xunto a Quérote+ un obradoiro dirixido a familias con menores a cargo sobre educación emocional e sexual na familia.
Desde os centros Quérote+ avógase polo traballo conxunto e integral cos diferentes axentes educativos implicados directa e indirectamente nos procesos de ensinanza – aprendizaxe. As familias son, sen dúbida, o espazo de socialización por excelencia e o catalizador de todo proceso educativo cos nenos e nenas e cos mozos e mozas.
Este obradoiro ten como finalidade crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Neste obradoiro centrarémonos na educación emocional e sexual desde a casa.
Os obxectivos do obradoiro son:
· Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor.
· Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.
· Construír ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas
O obradoiro realizarase o martes 2 de abril en horario de 16:30 a 18:00 na Casa das Mulleres (Rúa San Vicente s/n).
A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, chamando ao 981 501 101.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de abril.
Escrito por Líder Redacción
arzua educacion sexual familia Obradoiro radio lider santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)