Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Casa de Correos de Arzúa acolleu hoxe a presentación da I Marcha BTT Cicloturista Arzúa Destino Verde, organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Arzúa liderada pola socialista Begoña Balado.
A proba celebrarase o vindeiro 24 de maio e contará con dúas opcións de percorrido: unha ruta curta de 31 km e outra máis longa de 46 km.
Ao acto de presentación asistiron representantes dalgúns dos numerosos patrocinadores que colaboran no evento, entre os que destacan establecementos hostaleiros e locais de restauración. Estes ofrecerán aos participantes premios como noites de aloxamento e ceas nos seus establecementos.
Ademais, as persoas que se inscriban durante esta primeira semana —as inscricións abriron esta mesma mañá— participarán nun sorteo especial dunha noite de aloxamento e unha comida nun restaurante local.
As inscricións poden realizarse a través da plataforma Sportmaniacs, e os enlaces estarán dispoñibles nas redes sociais de Arzúa Turismo.
Segundo Begoña Balado a proba permitirá que centos de cicloturistas descubran a riqueza paisaxística e patrimonial da contorna de Arzúa, unha terra recoñecida pola elaboración dun dos queixos máis afamados de Galicia. O percorrido levará aos participantes por enclaves de gran beleza e interese cultural, como as fermosas corredoiras de Pantiñobre, a histórica capela de San Xoán de Navás ou a emblemática Fontesanta.
A organización convida a todos os amantes do deporte e a natureza a participar nesta xornada que combina aventura, gastronomía e turismo sostible.
Escrito por Líder Redacción
arzua Arzúa destino verde begoña balado Cicloturismo Arzúa Marcha BBT Arzúa
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)