AD

Arzúa destino verde

7 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A concelleira de Turismo de Arzúa, Begoña Balado, fixo balance en Radio Líder Santiago da segunda edición da Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde, celebrada este domingo e que reuniu preto de 400 participantes nunha xornada marcada polo bo ambiente, o deporte e a natureza. Balado destacou que esta segunda edición “foi un éxito” e subliñou que o bo tempo tamén contribuíu a que os participantes desfrutasen aínda máis da experiencia. A edil puxo en valor as novidades incorporadas este […]

today26 mayo, 2026

Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde celebrou este domingo unha exitosa segunda edición, consolidándose como unha das citas deportivas e de promoción do territorio máis destacadas do municipio. A xornada reuniu preto de 400 participantes nun ambiente marcado polo deporte, a natureza, a convivencia e o gran ambiente vivido durante toda a mañá. O bo tempo acompañou ao longo de toda a proba, permitindo que os participantes desfrutasen dos diferentes percorridos e das paisaxes do municipio nunha xornada pensada […]

today25 mayo, 2026

Actualidad

A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde contará cunha Mini BTT para a cativada

A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde, que se celebrará este domingo 24 de maio a partir das 09:30 horas, contará tamén cunha programación especial dirixida á cativada, reforzando así o carácter familiar e participativo desta cita deportiva organizada pola Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, e que conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de empresas e entidades do municipio. Entre as actividades previstas destaca a celebración dunha Mini BTT infantil, […]

today19 mayo, 2026

Actualidad

Arzúa promocionará o seu destino verde na 46ª edición de FITUR

Arzúa estará presente na 46ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra do 21 ao 25 de xaneiro en Madrid, para promocionar o municipio como destino verde, sostible e de calidade. A concelleira de Turismo e presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Begoña Balado, desprazarase ata Madrid para manter diversas reunións con axencias de viaxes e operadores turísticos, co obxectivo de reforzar a presenza de Arzúa no mercado turístico e impulsar estratexias de difusión […]

today20 enero, 2026

Comarca

As obras da área de descanso da Fervenza das Hortas, en Arzúa, encaran a súa recta final

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou os traballos, que estarán rematados a finais deste mes, e salientou a súa importancia para reforzar o modelo de destino verde polo que aposta Arzúa Arzúa, 15 de outubro de 2025.- O Concello de Arzúa continúa avanzando na posta en valor dos seus espazos naturais e turísticos. As obras de acondicionamento da área de descanso situada na parroquia de Dombodán, na baixada á Fervenza das Hortas, progresan a moi bo ritmo e está […]

today15 octubre, 2025

Actualidad

Arzúa consolídase como destino turístico estratéxico en Galicia

A concelleira Begoña Balado destaca en Radio Líder Santiago o potencial gastronómico, cultural e paisaxístico do municipio, que está “de moda” a nivel nacional e internacional A concelleira de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, Begoña Balado, defendeu nunha entrevista en Radio Líder Santiago, realizada por Sara Garea, o bo momento que atravesa o municipio como destino turístico, cultural e gastronómico. Balado asegurou que Arzúa está a vivir “un momento de gran proxección”, grazas á combinación […]

today14 septiembre, 2025

Comarca

Arzúa presenta a súa I Marcha BTT Cicloturista «Arzúa Destino Verde»

A Casa de Correos de Arzúa acolleu hoxe a presentación da I Marcha BTT Cicloturista Arzúa Destino Verde, organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Arzúa liderada pola socialista Begoña Balado. A proba celebrarase o vindeiro 24 de maio e contará con dúas opcións de percorrido: unha ruta curta de 31 km e outra máis longa de 46 km. Ao acto de presentación asistiron representantes dalgúns dos numerosos patrocinadores que colaboran no evento, entre os que destacan establecementos hostaleiros […]

today18 marzo, 2025

AD