AD

Actualidad

Arzúa promocionará o seu destino verde na 46ª edición de FITUR

today20 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Arzúa estará presente na 46ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra do 21 ao 25 de xaneiro en Madrid, para promocionar o municipio como destino verde, sostible e de calidade.

A concelleira de Turismo e presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Begoña Balado, desprazarase ata Madrid para manter diversas reunións con axencias de viaxes e operadores turísticos, co obxectivo de reforzar a presenza de Arzúa no mercado turístico e impulsar estratexias de difusión arredor da natureza, o territorio e o Camiño de Santiago.

Durante a súa estancia en Madrid, Balado tamén manterá unha reunión de traballo co Centro Galego en Madrid, co propósito de abrir vías de colaboración en torno á promoción do territorio e do destino Arzúa.

“Para Arzúa é fundamental estar en FITUR se queremos posicionarnos como un destino de turismo rural, sostible e de calidade. Queremos poñer o foco no noso destino verde e destacar aquilo que nos diferencia: a natureza, a gastronomía, o Camiño e o importante patrimonio que conserva o noso concello”, subliña Balado.

Arzúa centrará a súa promoción nos seus recursos naturais —con especial atención ás rutas de sendeirismo e cicloturismo e a espazos singulares como A Fervenza das Hortas—, así como na riqueza gastronómica do municipio e no Camiño de Santiago.

No marco da promoción gastronómica, tamén se poñerá en valor a Festa do Queixo, que celebrará a súa 51ª edición os días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo, consolidada como unha das grandes citas gastronómicas de Galicia e un referente.

Balado destaca que “Arzúa acode a FITUR con obxectivos claros: dar visibilidade ao noso territorio, atraer visitantes e seguir construíndo un modelo turístico baseado na sustentabilidade, na identidade local e na experiencia auténtica para quen nos visita”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *