Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Arzúa, 18 de xaneiro de 2024. Onte celebrouse o sorteo da campaña de Nadal Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal , na Capela da Madalena, a mans do secretario municipal, Alfonso Alcalá, acompañado pola concelleira de Promoción Económica do Concello de Arzúa e coordinadora da proposta, Begoña Balado; a técnica do Concello, María José Lage e a técnica da asociación de empresarios (AECA), Cristina Crespo.
Begoña Balado insistiu no existo da proposta cara dinamizar o comercio local dada a gran participación da veciñanza. «Estamos satisfeitas e seguiremos pulando polo comercio da nosa vila», indicou a concelleira de Promoción Económica.
En dito sorteo retiraronse 50 tíckets, e comprobaronse que cumprían os requisitos establecidos polas bases do concurso.
Mañá publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas na páxina web, redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello de Arzúa.
As persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das tarxetas regalo no rexistro do Concello de Arzúa durante os días 22 e 23 de xaneiro, en horario de 09:00 h a 14:00 h, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.
As tarxetas regalo serán única e exclusivamente de uso e disposición nos comercios, e locais de restauración do Centro Comercial Aberto de Arzúa, co fin de fomentar o consumo no comercio local.
A Campaña do Comercio Local Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal foi organizada pola Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo do Concello de Arzúa, en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA) e ABANCA.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)