AD

Comarca

Arzúa Viva ofrece un bus para asistir á protesta contra Altri en Santiago

today10 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Arzúa Viva, en colaboración co Concello de Arzúa, pon a disposición da veciñanza un autobús para acudir á manifestación contra Altri que terá lugar o vindeiro domingo 15 de decembro en Santiago de Compostela.

Con esta medida, desde o colectivo Arzúa Viva, membro da Plataforma Ulloa Viva, queren animar ao conxunto da veciñanza de Arzúa a participación da manifestación pola defensa do territorio que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema “A Xunta non pode calar a todo un país, ALTRI NON”.

Segundo o colectivo en Arzúa, “a implantación da macrocelulosa en Palas de Rei suporía un gran prexuizo non tan só para a comarca da Ulloa, senón tamén para o conxunto do país, e nomeadamente para Arzúa e a súa comarca, xa que esta afectaría a dous dos principais sectores económicos da nosa vila como son o sector agrícola e de transformación, así como o sector turístico vinculado ao camiño de Santiago, ao tempo que afectaría tamén en outros aspectos como á contaminación do Río Ulla e polo tanto, ao Encoro de Portodemouros ou á saúde das persoas, xa que en condición de vento favorables os fumes contaminantes da factoría chegarían ata o noso concello”

É por iso que animan a toda a veciñanza a participar na mobilización convocada para este 15 de decembro en Santiago de Compostela xa que «a participación cidadá é clave para amosar o rexeitamento do conxunto da cidadanía galega á implantación desta macrocelulosa no corazón de Galiza”

Desde Arzúa Viva sinalan que para poder facer uso deste servizo de autobús, que sairá ás 10:45 h. do aparcadoiro público sito na Rúa de Lugo, é preciso anotarse no teléfono do Concello de Arzúa no 981 50 00 00, ou no formulario web que se pode atopar nas redes do propio colectivo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%