AD

Comarca

Arzúa volverá brillar na Semana Verde coa súa gastronomía, paisaxes e proxectos locais

today4 junio, 2025

Fondo
share close
AD

Arzúa, 04 de Maio de 2025.- Arzúa reafirma o seu compromiso co turismo sostible e a promoción dos seus produtos locais na Feira da Semana Verde de Silleda, que terá lugar esta semana en Turexpo Galicia, do 5 ao 8 de xuño. O Concello levará unha proposta diversa que combina gastronomía, innovación cooperativa e promoción turística.

“Este ano hai novidades porque por primeira vez vai ir Erica Mel, unha cooperativa arzuá fundada en 1990 por apicultores da AGA, agrupa a máis de 250 socios e produce uns 100.000 kg de mel ao ano, ademais de derivados innovadores. O seu nome honra á erica, planta melífera galega, e traballa con varias marcas, incluída a IXP-Mel de Galicia, ofrecendo tamén servizos de etiquetaxe.

Un dos pratos fortes será o showcooking a cargo de Diego Mato, recoñecido cociñeiro de Arzúa, quen se atopa a preparar a apertura do seu restaurante propio no outono, baixo o nome de Adeandré. “Vai facer pratos todos relacionados co queixo da Arzúa, cos produtos todos da Arzúa… incluso produtos da horta como porros”, explicou Begoña Balado, condelleira de Turismo..

A programación inclúe tamén a participación da EFA Piñeiral, quen elaborará tortiñas con queixo e verduras locais, así como degustacións de queixos por parte de Galmesán, Barral, Casa de Donicio e outros produtores. Ademais, contará coa presenza dos doces artesanais de Mamá Teresa, que ofrecerá as súas famosas tartas.

A feira servirá tamén como plataforma para impulsar a marca Arzúa Destino Verde, que busca poñer en valor os recursos naturais, as rutas de sendeirismo e a riqueza paisaxística da zona. “Temos movemento, non estamos parados en Arzúa. Estamos moi contentos de que unha vez máis Arzúa vai ser o centro”, comentou Balado.

Segundo destacou a edil de turismo, o stand do Concello de Arzúa foi “o centro de atención o ano pasado” grazas á súa dinamización e deseño atractivo. Este ano repetiremos presenza durante catro días, cun enfoque en “dar a coñecer, sobre todo, que Arzúa non é só Camiño de Santiago. Temos rutas, gastronomía, e somos o centro de Galicia”.

A presenza de Arzúa na Semana Verde confirma, unha vez máis, a súa aposta por combinar tradición e innovación para situarse como un referente do turismo galego.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *