AD

Actualidad

Arzúa xa conta coa ‘Casa das Mulleres’

today11 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

“Desde o Concello de Arzúa poñemos a disposición das mulleres da comarca, un espazo municipal para o encontro, para tecer redes de apoio mutuo cunha axenda de actividades e ferramentas comúns que axudan a afrontar o futuro con firmeza e afouteza para non ceder nin un paso” subliñou a Concelleira de Igualdade a nacionalista Lucía López

“Albergará as novas oficinas do Centro de atención ás mulleres e ten como colectivos prioritarios á atención ás vítimas de todas as violencias machista, as mulleres en situación de vulnerabilidade e ao colectivo LGTBiQ+” manifestou Adrián Gonçalves director do Centro de información ás mulleres.

Arzúa 11 de marzo de 2024. O pasado sábado o concello de Arzúa seguindo cos actos do 8 de marzo abriu as súas portas a “Casa das Mulleres”.A presentación da cerimonia correu a cargo de Lidia Veiga e nela participaron a concelleira de Igualdade Lucía López, o director do Centro de información ás mulleres Adián Gonçalves, e ás pandereteiras de O´Bringuelo.

“Desde o goberno municipal do Concello de Arzúa, ponse a disposición da sociedade un espazo no que traballar conxuntamente a prol da igualdade real entre homes e mulleres, temos o convencemento que desde ás administracións e institucións públicas podemos e debemos facer moito máis para erradicar a violencia contra as mulleres, as violencias machistas teñén moitas caras e traballan as 24 horas día estragando vidas como máxima expresión do patriarcado. Hai acontecementos e indicadores preocupantes que incluso cuestionan a existencia da violencia machista cando estamos sendo asasinadas, violentadas e mesmo cando os nosos salarios venses reducidos polo feito de ser mulleres.

Hai moito camiño andado pero falta moito por facer e dende a Concellaría de igualdade que represento temos moi claro que compre situar na axenda política esta cuestión como prioridade. E para isto compre crear espazos como este no que nos atopamos, espazos comúns para a participación a coordinación o intercambio de información e experiencias entre mulleres, para o encontro, para tecer redes de apoi mutuo cunha axenda de actividades e ferramentas comúns que axudan a afrontar o futuro con firmeza e afouteza para non ceder nin un paso” resaltou a Concelleira de igualdade Lucía Sobrado.

A Casa das mullleres, albergará as novas instalacións do Centro de información ás mulleres,(CIM) que consta de 3 oficinas e unha sala central onde se impartirán cursos reunións e conferencias poñéndo a disposición de asociacións e colectivos de mulleres que queiran realizar algunha actividade. Para Adián Gonçalves a importancia da Casa das Mulleres pasa por ser un servizo de información as mulleres no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integrada desde unha perspectiva de xénero desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención de vitimas das violencias machistas, a mulleres en situación de vulnerabilidade ou ao colectivo LGBTIQ+.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%