AD

Comarca

As obras gañadoras dos ‘Encontros con Seoane’ no Pino xa poden verse no CPI Camiño de Santiago

today17 junio, 2025

Fondo
share close
AD

• Os traballos de Darío Blanco Vilaseco e Alba Ferro García foron reproducidos nun muro do centro educativo
• O proxecto busca achegar a figura de Luis Seoane ao alumnado e darlle visibilidade ao talento artístico local

O Pino.17-6-2025.- O CPI Camiño de Santiago loce un novo mural realizado a partir das obras gañadoras da primeira edición de Encontros con Seoane, unha iniciativa impulsada polo Concello do Pino e polo centro educativo para achegarlle ao alumnado a figura e obra do artista Luis Seoane, Fillo Predilecto do municipio.

O proxecto, desenvolvido ao longo de todo o curso escolar baixo a coordinación do mestre de Plástica Pablo Patiño Moledo, propúxolles aos estudantes de 1º da ESO traballar ao estilo de Seoane, creando obras plásticas inspiradas no seu universo artístico. Entre todas as creacións, que estiveron expostas nos corredores do centro educativo, foron escollidas como gañadoras as de Darío Blanco Vilaseco e Alba Ferro García.

As dúas obras foron reproducidas nun mural pintado nun muro interior do CPI Camiño de Santiago, dándolle así visibilidade ao talento do alumnado e perpetuando a pegada de Luis Seoane nas novas xeracións. Ademais, as obras seleccionadas pasarán a formar parte dunha exposición permanente no Concello do Pino, que se irá ampliando ano tras ano coa obra escollida en cada nova edición.

Encontros con Seoane é un proxecto promovido conxuntamente polo Concello do Pino e o CPI Camiño de Santiago, e conta coa subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. A boa acollida desta primeira edición garante a súa continuación nos vindeiros cursos, consolidándose como unha aposta pola cultura, a identidade local e a creatividade da mocidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *