AD

Actualidad

As temáticas festivas impóñense no animado concurso de Entroido do Pino

today12 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • ‘Autos Martís’, recreación dunha atracción de coches de choque, leva o premio ao disfrace máis orixinal
  • ‘Festas do Apóstolo anos 60’ imponse na categoría de carrozas

O Pino. 12-2-2024.- ‘Autos Martís’, recreación dunha atracción de coches de choque a cargo dun grupo de veciñas e veciños do concello, fíxose este domingo co premio aos disfraces máis orixinais nun animado concurso de Entroido do Pino no que se repartiron un total de 2.300 euros en premios e no que triunfaron sobre todo os atuendos coloridos e de temática festiva. Os dous premios de maior contía, o de comparsa e carroza, levounos a Asociación veciñal A Carballeira de Chaián cunhas divertidas parodias sobre as ‘Festas do Apóstolo nos anos 60’ e ‘A catedral de Santiago’.

Na categoría infantil, a máis concorrida con dezanove participantes, os premios foron para ‘A diosa do arco iris’ e ‘Un erizo’. Como mellor disfrace individual foi elixida ‘Antroidada campal’, cun traxe no que non faltaban nin as restras de chourizos nin as verzas para celebrar estas datas como manda a tradición.

E tamén espectaculares foron os traxes que luciron as gañadoras do premio por parellas, que co seu ‘Cores de esperanza’ quixeron chamar a atención sobre os diferentes tipos de cancro e o seu tratamento. No premio de grupo gañou a tamén moi vistosa ‘Alicia no país das marabillas’.

A orquestra Los Satélites encargouse de animar dende primeira hora da tarde e ata xa ben entra a noite ao numeroso público que se congregou na praza do Concello e que puido quentar o corpo co chocolate quentiño e os produtos típicos do Entroido que ofreceu o alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso. Coa mesma fin, realizaron un sorteo de dúas cestas.

Relación de premios

Individual infantil

  1. A diosa do arcoíris. 150€
  2. Un erizo. 100€

Individual

  1. Antroidada campal. 150€

Parella

  1. As cores da esperanza. 200€

Grupo

  1. Alicia no país das marabillas. 300€

Comparsa

  1. Festas do Apóstolo anos 60. 700€

Carroza

  1. A catedral de Santiago. 500€

Máis orixinal

  1. Autos Martís. 200€

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%