AD

Actualidad

As urxencias do CHUS seguen colapsadas con decenas de pacientes graves nos corredores

today16 enero, 2024

Background
share close
AD

Compostela a 16 de xaneiro do 2024.- O conselleiro de Sanidade acaba de declarar que a vaga de gripe está normalizada con descenso de casos nos hospitais e nos servizos de urxencias. Segundo denuncian dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a realidade constatada de xeito reiterado polos feitos concretos demostran que con vaga de gripe ou sen ela o servizo de urxencias do CHUS está en estado permanente de colapso e os pacientes graves siguen sendo colocados nos corredores de acceso agardando horas a ser atendidos.

Onte luns 15 de xaneiro ás 12:40 horas dez pacientes graves estaban aparcados nos corredores en padiolas e cadeiras de rodas agardando que quedaran libres as zonas de atención. A esa mesma hora, 61 persoas co ingreso hospitalario asinado estaban ocupando as zonas de traballo en espera de acceder a unha cama en planta.

Catro horas mais tarde seguían sendo 61 as persoas as que, co ingreso en planta asinado, estaban agardando por unha cama e os corredores de acceso se abarrotaban de pacientes graves chegando a ser 20 postrados en padiolas e en cadeiras de rodas. Ás 20:30 horas os pendentes de ingreso eran 47 e os colocados nos corredores era 26.

Segundo os datos publicados pola xerencia do CHUS na súa páxina web, nas últimas 24 horas foron atendidas 551 persoas. O número de camas ocupadas foi de 945 quedando pechadas 566 por falta de persoal necesario para atendelas e drenar a acumulación de pacientes aparcados en urxencias, dentro dos límites temporais fixados no ano 2010 nos estándares de calidade aprobados polo Ministerio de Sanidade. E isto sen contar cas 73 camas do hospital Gil Casares que levan meses pechadas debido a demora nas obras de reparación e conservación.

Lamentablemente a realidade crúa dos feitos imponse sobre os relatos construídos para banalizar e normalizar o maltrato asistencial e evadir as responsabilidades nas que se incorre cando se fai deixación das funcións atribuídas legalmente e deixa de ampararse os dereitos fundamentais das persoas enfermas.

VER VIDEO AQUÍ

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%