AD

Comarca

Así será a decoración do Nadal da Estrada que se acenderá o 5 de decembro

today18 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

A instalación comezou este venres e suporá o despregue de medio millón de luces micro led para ambientar estas festas.

Seguimos apostando polo alumeado, sen perder a cabeza. É un reclamo indiscutible que favorece ao comercio e a hostalería da Estrada nunha das campañas máis importantes do ano”, sinala Óscar Durán.

A Estrada, 18 de outubro de 2025.- Co Samaín e os magostos chamando á porta, os traballos para a instalación do alumeado de Nadal arrancan estes días na Estrada. O Concello leva semanas traballando para deseñar como será a ornamentación coa que acender este ano as festas nas rúas do casco urbano. Serán medio millón de micro leds os encargados de dar luz e cor aos adornos máis aclamados e agardados do ano.

A empresa Electro Miño encargarase da instalación, que xa comezou na tarde do venres. Empregados de firma xa comezaron a visitar as diferentes rúas da capital estradense (e mesmo a casa consistorial) para garantir que os traballos poidan realizarse coa marxe suficiente para, nunha época na que estes traballos son moi intensos e simultáneos, chegar a tempo para a data oficial do acendido: o venres 5 de decembro.

O concelleiro Óscar Durán está á fronte desta ornamentación. Foi el mesmo o que concretou hoxe que serán un total de 116 arcos luminosos os que se instalarán nas diferentes rúas e aos que se sumarán outros 302 elementos de iluminación. Moitos deles estarán colocados en puntos como a Praza da Constitución, a Praza de Galicia, a Porta do Sol, Praza da Inmaculada, Praza da Feira ou Praza do Mercado, entre outros.

Avanzou de igual xeito a pretensión de que este ano distintos elementos ornamentais cheguen tamén a puntos como a alameda municipal, completando a estampa que conforma o palco da música, as árbores con grilandas de luces ou a propia fachada do consistorio ao fondo. Os motivos xa están escollidos.

“Seguimos apostando polo alumeado sen perder a cabeza”, apuntou Óscar Durán, que recoñeceu que o investimento se move, con leves variacións, nas cifras de anos anteriores. Con todo, o concelleiro asumiu que o alumeado de Nadal “é un reclamo indiscutible que favorece ao comercio e a hostalería da Estrada nunha das campañas máis importantes do ano”. “Non está no  noso afán competir con ninguén, pero sabemos que hai xente que se despraza eses días ata A Estrada para gozar do alumeado”, indicou. Malia a contención, A Estrada incrementa tanto arcos como motivos luminosos con respecto ao 2024, no que foron 111 os arcos luminosos e 214 elementos de iluminación.

Os metros cadrados axudan a conformar esta comparativa: en 2025 serán 4.352 metros cadrados de iluminación, fronte aos 2.958 m2 do pasado Nadal.

A maior das árbores que se instalarán durante as festas no casco urbano estará na Praza da Constitución. Será visitable e de 13 metros de altura, conformando unha fermosa conxunto co consistorio estradense tamén engalanado con cortinas de luces e motivos propios desta festas. A maiores, un novidoso photocall con banco sumarse á composición, facilitando que os estradenses poidan configurar a súa propia postal de Nadal.

Acto de acendido

Como queda avanzado, o acendido do alumeado de Nadal realizarse o 5 de decembro. A idea que baralla o goberno local é darlle realce a este acto, buscando implicar nel aos máis pequenos. O Concello traballa na configuración dun programa lúdico que celebre nesa xornada a chegada do Nadal as rúas da vila. Os detalles daranse a coñecer en próximas datas.

Despois deste acendido, estas luces prenderanse cada día ás 18.30 horas, apagándose á medianoite durante a semana. Nas fins de semana manterase acendido ata as 03.00.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *