Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións a reitora da USC
A catedrática de Estatística e Investigación Operativa obtivo un total de 985 votos ponderados, mentres que a catedrática de Óptica acadou 536 Santiago/Lugo, xoves 12 de febreiro de 2026.- As eleccións da USC decidiranse nunha segunda volta electoral logo de que ningunha das candidatas obtivera a maioría suficiente para acceder á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. As catedráticas Rosa Crujeiras e Maite Flores resultaron ser as candidatas máis votadas cun total de 985 e 536 votos ponderados, respectivamente. […]