AD

alvaro

6999 Resultados / Página 33 de 778

Fondo
AD

Comarca

Padrón reivindica a diversidade cunha gran festa familiar polo Día do Orgullo

• A programación incluirá un obradoiro de maquillaxe para todos os públicos e teatro familiar • A concelleira Mariló Saco lerá o manifesto institucional ás 13.00 horas Padrón. 25-6-2026.- O Concello de Padrón conmemorará o vindeiro domingo 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha xornada festiva, participativa e aberta a toda a cidadanía baixo o lema Padrón con orgullo. A Praza de Macías converterase durante a mañá nun espazo de encontro e celebración da diversidade a través […]

today25 junio, 2026

Comarca

Chega o San Roque de Melide con Panorama, París de Noia, Satélites, Combo Dominicano e 9Louro

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, membros do equipo de Goberno e representantes da Asociación de Festas de San Roque presentaron esta mañá o cartel e o programa musical das Festas de San Roque, que se celebrarán do 14 ao 22 de agosto. As celebracións están organizadas pola Asociación de Festas de San Roque, co apoio do Concello de Melide e da Deputación da Coruña. O programa musical contará con algunhas das orquestras máis recoñecidas de Galicia, como Panorama, […]

today25 junio, 2026

Actualidad

Santa Isabel acollerá un torneo solidario que nace coa vocación de consolidarse en Santiago

A primeira edición do Memorial Jesús Pampín celebrarase este sábado no campo municipal de Santa Isabel coa participación de equipos afeccionados e numerosas actividades, destinando toda a recadación á Fundación Andrea, que este ano celebra dúas décadas de traballo ao carón das familias con menores afectados por enfermidades graves. O deporte como ferramenta de encontro, de solidariedade e tamén de lembranza. Esa é a filosofía coa que nace o I Torneo Solidario Memorial Jesús Pampín, unha cita que se celebrará […]

today25 junio, 2026

Deportes

Cibrán Alvar leva o ouro nacional e confirma o excelente momento da canteira do Compostela Esgrima

O tirador compostelán proclamouse campión de España M11 ex aequo tras un torneo perfecto, mentres Xoel Díaz foi noveno e Amelia Fernández rematou décimo cuarta no Criterium Nacional A canteira do Compostela Esgrima escribiu unha nova páxina na súa historia esta pasada fin de semana en Navas de Matute (Segovia), onde os seus tres representantes brillaron no Criterium Nacional M11 (menores de 11 anos), a principal competición estatal de promoción da categoría. Na que foi a primeira participación nacional do […]

today25 junio, 2026

Comarca

Todo listo no Parque do Pasatempo de Betanzos para o II Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda edición, seguindo coa súa aposta por traer ao Parque do Pasatempo de Betanzos a algún dos mellores nomes a nivel europeo do Stoner Rock e o Doom Metal, nun evento que terá lugar os próximos días 26 e 27 de xuño. Os festivaleiros comezan a chegar á vila provintes de todas partes da xeografía galega, Portugal e o resto do estado. O festival abrirá as súas […]

today25 junio, 2026

Actualidad

Santa Marta Segura leva ao pleno a súa reclamación: «Hai que afrontar un problema social grave»

A Plataforma Veciñal Santa Marta Segura intervén hoxe no pleno do Concello de Santiago para reclamar actuacións fronte ao narcotráfico e á inseguridade no barrio. Falamos co seu presidente, José Manuel López. A entidade tamén convocou para esta tarde unha concentración na praza de Pascual Veiga baixo o lema "Nin unha morte máis" A Plataforma Veciñal Santa Marta Segura leva este xoves ao pleno do Concello de Santiago as demandas da veciñanza ante o que considera un agravamento da inseguridade […]

today25 junio, 2026

Deportes

Martín Liste conquista a prata no Nacional e afronta con ilusión a cita de Tordoia

Un novo éxito para o halterófilo tordoiense, que competirá este sábado diante da súa afección. O halterófilo de Tordoia Martín Liste volveu situarse entre os mellores deportistas do país ao proclamarse subcampión de España absoluto na categoría de 94 quilos durante o Campionato de España celebrado en A Nucía (Alacante). Un resultado que chega tras meses de preparación e que supón un importante impulso para un deportista que acumula xa cinco títulos nacionais, numerosos récords galegos e dezaoito anos de […]

today25 junio, 2026

Actualidad

A choiva obriga a aprazar ao xoves 2 de xullo o especial de Radio Líder Santiago desde Boiro

As previsións meteorolóxicas obrigaron a modificar a data do programa especial que Radio Líder Santiago tiña previsto realizar desde Boiro con motivo das Festas do Verán 2026. Debido á choiva anunciada para este venres, o espazo emitirase finalmente o xoves 2 de xullo, mantendo o mesmo horario, de 10.00 a 13.00 horas, e a mesma localización, na Rúa Doutor Santos Mieites, xunto ao Mercado Municipal. O especial, conducido por Álvaro Veiga, achegará aos oíntes toda a información sobre as Festas […]

today24 junio, 2026

Actualidad

“Non me pasa”, o novo videoclip de Fuego Lolita, estrearase en primicia en Radio Líder Santiago

O videoclip estrearase este venres na nosa web mentres a banda prepara actuacións nas festas de San Pedro, no Festigal, en Negreira e no Rock in Rian A banda compostelá Fuego Lolita, representada nos estudos de Radio Líder Santiago por Adrián Caride e Daniel Balsa, presentou o seu novo videoclip, correspondente ao tema “Non me pasa”, que se estreará este venres 26 de xuño en primicia na web da emisora. O grupo, gañador da sétima convocatoria de Onda Chicha e […]

today23 junio, 2026 2

AD