AD

Comarca

Avanza a tramitación para a ampliar o polígono industrial de Toedo: “É un proxecto estratéxico para A Estrada»

today19 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • O alcalde mantén un encontro no Concello con técnicos de Xestur centrado nos traballos para a aprobación do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE), previo á urbanización dos terreos.
  • Esta segunda ampliación ten unha superficie prevista de 156.685 metros cadrados brutos e unha superficie en parcelas de 99.881
  •  Xunto coa autovía e a vivenda pública, o incremento das opcións laborais no municipio veñen da man deste polígono industrial”, sinala o rexedor estradense.

A Estrada, 19 de marzo de 2025.- O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantivo a primeira hora desta mañá unha reunión de traballo con técnicos de Xestur -sociedade encargada da xestión do solo en Galicia- tendente a continuar dando pasos na tramitación da ampliación pública do polígono industrial de Toedo. O principal parque empresarial estradense verá incrementada a súa superficie actual con case 157.000 metros cadrados, nunha bolsa de terreo localizada a carón da sede de Emerxencias A Estrada e emprazada ao outro lado da PO-841, fronte ás actuais parcelas industriais.

Na reunión participaron tamén técnicos da empresa responsable da elaboración do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) e do proxecto de urbanización, xunto con integrantes dos departamentos técnicos do Concello. O principal cometido da sesión de traballo foi analizar os pasos e prazos vencellados á elaboración do citado plan, coa pretensión de que se poidan someter a trámite de aprobación inicial o antes posible.

Louzao Dono indicou que, una vez acadada a aprobación definitiva do PEOSE, chegaría o momento de emprender o proxecto de urbanización para este novo ámbito. O parque conta con unha superficie prevista de 156.685 metros cadrados brutos e unha superficie en parcelas de 99.881. Trátase dunha segunda ampliación do polígono de Toedo. O documento someteuse a tramitación ambiental, que foi emitida en outubro de 2024. Entregouse a Xestur para revisión en febreiro deste ano, de xeito que actualmente se
están finalizando as rondas de contactos coas distintas administracións para pechar o documento e deixalo listo para aprobación inicial.

“Este é un proxecto estratéxico para A Estrada. Xunto coa autovía e a vivenda pública, o incremento das opcións laborais no municipio veñen da man deste polígono industrial. A ampliación, por iniciativa pública, deste parque é fundamental para o asentamento de novas empresas”, recalcou o alcalde da Estrada. Gonzalo Louzao recoñeceu que algunhas firmas están xa preguntando por este solo, tanto no Concello como a través da propia Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. “O goberno porá medios humanos e materiais ao servizo de poder contar con esta ampliación do polígono de Toedo o antes posible”, engadiu o rexedor local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *