Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O coñecido presentador e cantante Bertín Osborne foi visto hoxe no concello de Rianxo, onde está a participar na gravación do programa de entretemento “A miña gran cidade”, da TVG. O formato, que combina viaxes, emoción e promoción turística, convida a unha celebridade a pasar 24 horas na cidade natal doutro personaxe famoso, que tenta convencela de quedar.
Neste episodio, Osborne deixouse levar polas propostas e sorpresas da sua anfitrioa, a tamén presentadora e cantante rianxeira Eva Iglesias, quen lle mostrará distintas experiencias únicas co obxectivo de mostrar os encantos de Rianxo. Ao remate do día, o convidado debe decidir se queda ou colle a maleta de volta.
A presenza de Bertín causou gran expectación entre veciños e curiosos, que se achegaron para velo en lugares emblemáticos da vila mariñeira. A emisión deste episodio está prevista para as vindeiras semanas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)