Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
As familias de Boiro que teñen fillos ou fillas nados neste ano 2025 están a recibir unha caixa agasallo. A medida forma parte das accións que está a desenvolver o Concello para fomentar a natalidade e apoiar a crianza no municipio.
O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, deron a coñecer o contido das caixas que xa se están a entregar aos recén nacidos empadroados. Cada paquete inclúe tarxetas para a estimulación visual, unha bolsa de tea, un dominó de animais, marionetas de dedos e un imán personalizado. Con este xesto, o goberno local busca dar unha benvida especial aos novos nacementos no municipio, ao tempo que reforza as políticas de apoio á natalidade e dinamización demográfica.
Esta acción enmárcase dentro da estratexia municipal para favorecer o crecemento poboacional e alcanzar o obxectivo dos 20.000 habitantes. Dentro deste plan, o Concello prevé lanzar nas vindeiras semanas unha nova liña de axudas económicas de ata 300 euros por familia, destinadas á compra de produtos básicos para a crianza, como alimentación infantil, artigos de hixiene ou mobiliario para bebés.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)