AD

boiro

85 Resultados / Página 1 de 10

Fondo
AD

Comarca

Boiro celebra este domingo unha xornada de convivencia arredor da bicicleta

Boiro, 30 de setembro de 2026.- O Concello de Boiro celebra este domingo 4 de setembro unha nova edición do Día da Bicicleta, unha  xornada que ten como obxectivo a convivencia e diversión arredor deste popular vehículo. O alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o representante de La Voz de Galicia, Ramón Ares; e a vicepresidenta do Club Ciclista Barbanza, Moncha Moledo; presentaron a actividade. O percorrido será como o das edicións pasadas, duns 14 quilómetros […]

today30 septiembre, 2026

Deportes

Boiro contará co I campionato de remo indoor intercentros nos institutos do municipio

Boiro, 29 de setembro de 2026.- O Club de Remo Cabo de Cruz, coa colaboración do Concello de Boiro e Jealsa, promove o I campionato de remo indor intercentros nos tres institutos do municipio. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Gustavo Vázquez, do Club de Remo Cabo de Cruz; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa; e Manuel Pimentel, Pilar Barros e Xavier Figueira, mestres de educación física dos tres institutos. Esta actividade ten […]

today29 septiembre, 2026

Comarca

Boiro destina 227.325 euros en subvencións directas a clubs para a promoción do deporte

Boiro, 28 de setembro de 2026.- O Concello de Boiro destina 227.325 euros en subvencións nominativas directas a clubs e entidades deportivas do municipio para a práctica da súa actividade. O alcalde, José Ramón Romero, asinou esta mañá os primeiros convenios. Preto de 30 clubs e entidades deportivas obteñen unha subvención nominativa que ten como obxecto sufragar os gastos xerais do club en canto a arbitraxes, material deportivo ou equipamentos, así como a celebración de probas deportivas ou a participación […]

today28 septiembre, 2026

Comarca

Boiro acomete actuacións de mellora na antiga escola unitaria de San Ramón de Bealo

O Concello de Boiro leva a cabo arranxos na unitaria de San Ramón de Bealo, unha actuación enmarcada no plan de melloras nos centros sociais e veciñais do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, visitaron o lugar para coñecer o estado de execución das obras. As actuacións, dun importe de 47.516,70 euros, teñen como finalidade a reparación, rehabilitación e mellora da antiga escola unitaria de San Ramón de Bealo que actualmente se utiliza […]

today24 septiembre, 2026

Comarca

Boiro contará cun parque de psicomotricidade na Praza de Galicia

Boiro, 23 de setembro de 2026-. O Concello de Boiro vén de adxudicar, por un importe de 18.064,09 euros, os traballos para a creación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da Praza de Galicia. A actuación ten como obxectivo dotar este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física, ao xogo e ao desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque máis concorrido do termo municipal a distintas idades. Trátase dun espazo que contará con areeiro, […]

today23 septiembre, 2026

Deportes

A praia da Retorta será escenario este sábado do Campionato Galego de Remo de Mar

A Praia da Retorta será escenario por primeira vez o vindeiro sábado 12 de setembro do Campionato de Remo de Mar organizado polo Club de Remo Cabo da Cruz e a Federación Galega de Remo coa colaboración do Concello de Boiro. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Ramón Dieste, do Club de Remo; e Gusta  Vázquez, membro da Federación Galega de Remo. “Trátase dunha modalidade novidosa que está a coller moita sona e pola que […]

today9 septiembre, 2026

Comarca

O Lab Barbanza participa no Coworking Fest da Deputación con varios eventos do 14 ao 18 de setembro

O coworking Lab Barbanza do Concello de Boiro participa no Coworking Fest que organiza a Deputación da Coruña de xeito simultáneo en todos os espazos de traballo da provincia. En Boiro haberá actividades entre o 14 e o 18 de setembro no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento que o Concello ten en Espiñeira. As actividades comezan con dúas xornadas de emprendemento para grupos de primaria e secundaria dos centros de ensino do municipio, unha proposta que busca achegar […]

today8 septiembre, 2026

Comarca

Boiro saca a licitación as obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira

O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira. A actuación conta cun orzamento de licitación de 140.629,04 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de setembro a través da Plataforma de Contratos do Sector Público. Con esta actuación vaise realizar o asfaltado do vial das fase I do polígono así como o pintado do firme. A vía obxecto deste proxecto constitúe […]

today7 septiembre, 2026

Actualidad

O Bar O Encontro de Brión reparte máis de 15.500 euros no Euromillones

O establecemento da avenida dos Ánxeles selou un dos dous boletos premiados en España coa Segunda Categoría no sorteo do 1 de setembro A sorte volveu sorrir a Brión. O Café Bar O Encontro, situado na avenida dos Ánxeles, vendeu un dos dous boletos premiados en España coa Segunda Categoría do Euromillones no sorteo celebrado o pasado 1 de setembro. O boleto agraciado recibirá un premio de 15.502,86 euros. Polo momento descoñécese a identidade da persoa afortunada, aínda que o […]

today3 septiembre, 2026

AD