Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Boqueixón, 2 de setembro de 2025. O Concello de Boqueixón vai realizar unha auditoría técnica da súa rede saneamento co obxectivo de seguir mellorando a calidade e eficiencia do servizo que se presta á veciñanza. Unha actuación na que se van investir preto de 15.000 euros.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, salienta que “contamos cunha infraestrutura moi potente con 92 km de tubaxes, 14 novas depuradoras, 13 bombeos, unha nova EDAR e preto de 1.500 enganches á rede. Un sistema que permite ofrecer un servizo de calidade e adaptado ás necesidades de cada núcleo de poboación, e que seguiremos reforzando con novas actuacións tras realizar esta auditoría técnica”.
Estas infraestruturas, unidas á posta en marcha da nova depuradora de Sergude e o plan municipal de utilizar foxas sépticas comúns con sistemas de infiltración no terreo para depurar as augas de pequenos grupos de vivendas, “permitiranos levar o saneamento ao 100% dos núcleos do municipio, algo excepcional para un pequeno municipio rural que xa conseguira algo sen parangón no resto da provincia: que o 100% da veciñanza teña acceso a un abastecemento de auga de calidade”, sinala Ovidio Rodeiro.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)