AD

Comarca

Boqueixón inicia as obras de mellora da Casa da Cultura de Camporrapado

today24 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Boqueixón, 24 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de acondicionamento da Casa da Cultura de Camporrapado, nas que inviste preto de 45.000 euros. Unhas actuacións que “permitirán ofrecer un espazo máis seguro, funcional e moderno para toda a veciñanza”, adianta o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato.

As obras inclúen a reparación da cuberta e a limpeza e arranxo de canalóns e baixantes para evitar problemas de filtracións de auga, así como varias actuacións de mellora no interior do auditorio. Aló executarase un novo pavimento continuo e acústico sobre o escenario, reubicarase o trust de luces para mellorar o alumeado do escenario e instalarase un proxector láser.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *