Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 julio, 2025
Boqueixón, 15 de xullo de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de construción de 3 sendas peonís e a reordenación do estacionamento e reurbanización de espazos na contorna do centro de saúde e dos centros escolares do Forte para crear unha contorna accesible e seguro na zona. Unhas actuacións nas que o Concello de Boqueixón inviste un total de 523.733 euros.
A primeira, o alcalde de Boqueixón explica que “se trata dun proxecto fundamental para fomentar a mobilidade sostible e crear unha contorna segura nunha das zonas máis transitadas do municipio, xa que estamos falando dun espazo no que están o centro de saúde, os dous edificios do CPI Antonio Orza Couto e varios equipamentos deportivos municipais como son o polideportivo, o campo de fútbol, a piscina ou o ximnasio”.
A segunda senda terá unha lonxitude de 918 metros e comunicará o centro médico do Forte co campo da festa da parroquia. Finalmente, a terceira Senda terá unha lonxitude de 639 metros que discorren dende a estrada da Deputación (DP-1201) e A Eirexe, un traxecto que discorre por diante da Igrexa de San Vicente de Boqueixón, e o seu camposanto, e vivendas unifamiliares.
As tres sendas terán un ancho medio de 1,8 metros. Executaranse preferentemente en formigón e en cor terrizo, elevada en 5 centímetros sobre a rasante da estrada. A única excepción será no paso polo núcleo de A Eirexe, no que debido á densidade das edificacións no centro do núcleo rural, disporase un tramo de plataforma compartida en formigón.
Ademais da construción das tres sendas peonís, o Concello de Boqueixón aproveitará para adaptar a rede de drenaxe á nova sección transversal das vías e repoñer o pavimento nos cruces.
Estas obras están incluídas no programa DUS 5.000 do Concello de Boqueixón, que permitirá a creación de 10,49 quilómetros de sendas peonís en distintos puntos do Concello a través dun investimento total de 2,44 millóns de euros. Nestes momentos, o Concello de Boqueixón está actuando en ata catro sendas máis noutros puntos do municipio: Castro-Devesa (Oural), Picota-Cusanca (Lestedo), Vigo-Lamas e Ponte Ledesma-Noente, unha das máis avanzadas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)