Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 agosto, 2025
Boqueixón, 26 de agosto de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións de mellora de pistas e estradas municipais que suporán un investimento de máis de 140.000 euros e cuxas obras darán comezo durante as próximas semanas. O primeiro proxecto inclúe a realización de ata vinte actuacións. Así, melloraranse os accesos en Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de Abaixo (Boqueixón). En todos os casos empregarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a pista de acceso aos núcleos, onde previamente se repararán as fochancas e se limparán as cunetas.
Por outra banda, acometerase a sinalización horizontal dun viario do Forte a Casalpegito, de 3.390 metros, co pintado de liñas de bordo e reparación dun treito a través da construción dun muro para o sostemento de terra e a pavimentación dun tramo en aglomerado en quente. A obra incluirá tamén a execución dunha arqueta de formigón. Así mesmo, acometeranse outras melloras de pequenos camiños en Pumares (Sergude), en Pazos (Lestedo), tres tramos do viario de Castrelo a Virxe de Lurdes (Lestedo), en Burgo (Lamas) e en Ledesma (Ledesma), que suman algo máis dun quilómetro. Nestes casos repararanse os baches e mellorarase o firme das pistas cun tratamento asfáltico.
Por outra banda, o segundo dos proxectos aprobados inclúe a mellora dos accesos a Manlle (Lamas), Eirexe (Pousada) e Santaia e Casalvieito (Codeso). Nos catro casos procederase á reparación de baches e a mellorar a capa de rodaxe destes accesos a núcleos de poboación cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado, así como a limpeza das cunetas para a correcta drenaxe das augas da choiva.
A maiores, acometerase a mellora dun camiño en Burgo (Lamas) de 140 metros de longo por 3,5 metros de ancho. Neste caso, tras un acondicionamento previo do camiño e a realización de saneos con pedraplén, mellorarase a pista con zahorra. Finalmente, asfaltarase tamén un viario en Baiuca (Ledesma), de 395 metros de longo por 5,5 metros de ancho..
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)