AD

Actualidad

Boqueixón organiza unha xornada formativa sobre a vespa velutina

today4 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Boqueixón, 4 de abril de 2024.- O Concello de Boqueixón organiza unha xornada formativa sobre a vespa velutina, que terá lugar o mércores 10 de abril, ás 20:30 horas, na casa do concello. A asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente chamando ao 981 513 061.

Durante a xornada informarase aos veciños e veciñas sobre como fabricar trampas para capturar velutinas, como elaborar o líquido para atraelas ás trampas e como comunicar os avisos para a eliminación e retirada de niños.

A vespa velutina é unha especie invasora que está en poñer en perigo tanto a apicultura como o propio ecosistema do país e a saúde das persoas. A instalación destas trampas nestas datas pode axudar a reducir ata nun 40% o número de niños que se formen no municipio, xa que é cando as novas raíñas comezan a conformar os seus niños primarios. Cada raíña que se capture nestas datas, será un niño menos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *