AD

Actualidad

Borja Verea comprométese a reducir o pago ás empresas por debaixo dos 20 días

today27 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, advertiu hoxe de que o Concello de Santiago está a “financiarse a costa dos autónomos santiagueses e das pequenas e medianas empresas compostelás” debido ao atraso continuado no pago a provedores, unha situación que asegurou que “non só existe, senón que está a empeorar”.

Verea compareceu esta mañá para analizar os últimos datos sobre o período medio de pago do Concello, denunciando que “Santiago neste mandato nunca cumpriu o período medio de pago”. “Cando un concello paga tan tarde, durante tanto tempo e durante tantos meses, o que está facendo na práctica é financiarse a costa dos demais. E de quen? Pois dos autónomos santiagueses, das pequenas e medianas empresas compostelás, en definitiva de toda a xente que traballa para o Concello e non cobra”, afirmou.

O líder popular insistiu en que “non falamos dun atraso puntual, falamos dunha tendencia”, advertindo de que “cando unha tendencia tan mala se alonga no tempo, e máis cando a comparas co resto de cidades, hai que falar xa de mala praxe”. Neste sentido, asegurou que “Goretti Sanmartín leva moito tempo sendo a alcaldesa máis morosa das cidades galegas, con peores rexistros incluso no atraso das facturas que Jácome en Ourense”.

Verea cuestionou tamén “a elefantíase de asesores e altos cargos do BNG no Concello de Santiago”, lembrando que existen “26 asesores e altos cargos contratados”. “Hai un concelleiro do BNG de Ribeira que é asesor no Concello de Santiago poucas horas despois de saír do goberno en Ribeira. Isto pode parecernos algo normal?”, preguntouse.

“Unha tendencia moi mala prolongada no tempo é unha mala praxe. Con Goretti Sanmartín tardamos máis en pagar, hai máis volume acumulado e hai máis dificultades para normalizar a situación”, asegurou o popular, criticando que “levan tres anos falando de reestruturación, mentres van contratando asesores e altos cargos”.

Neste sentido, defendeu que “cando hai unha tendencia negativa hai que actuar” e reivindicou tamén a súa experiencia profesional como Interventor de Habilitación Nacional. “Traballei coas administracións desde dentro, e pagar en prazo non é unha opción, é unha obriga legal. É un indicador básico de boa xestión”, afirmou, engadindo que “os concellos que pagan a tempo non son os que contratan a concelleiros doutros concellos como asesores, son os que están mellor organizados e os que teñen claras as súas prioridades”.

Durante a comparecencia, Verea asegurou que “esta situación ten solución” e comprometeuse a “que Santiago volva pagar en prazo” no caso de asumir responsabilidades de goberno. “Asumo un compromiso claro e medible: reducir o período medio de pago en 30 días no primeiro ano e situalo por debaixo dos 20 días a partir do segundo ano”, anunciou.

“Non estamos ante un debate ideolóxico, estamos ante unha cuestión básica de xestión pública. E pagar a quen traballa para o Concello non é unha opción, é unha obriga e unha cuestión de respecto”, engadiu.

CRÍTICAS Á “MANIPULACIÓN” DOS DATOS SOBRE A ZONA TENSIONADA

Na mesma comparecencia, Verea criticou duramente as declaracións realizadas esta mañá por un concelleiro do BNG na Cadena SER sobre a evolución do mercado do alugueiro na Coruña tras a aplicación da zona tensionada.

O líder popular cualificou de “realmente grave” que se asegurase publicamente que non se están reducindo os contratos de alugueiro na Coruña e acusou ao goberno municipal de “confundir á cidadanía”. “Non se pode mentir nun medio de comunicación desa maneira”, afirmou.

Verea asegurou que os datos públicos evidencian “unha desaparición do mercado do alugueiro” na provincia da Coruña, detallando que os contratos se reduciron, desde setembro, nun 31%, 26%, 26%, 14%, 34% e incluso un 64% entre febreiro de 2024 e febreiro de 2025. “Estamos falando dunha media dun 55% de desaparición do mercado do alugueiro”, advertiu.

“É lexítimo que defendan a zona tensionada, por suposto, pero tamén é lexítimo que nós poñamos enriba da mesa os datos e despois que a cidadanía decida se é unha boa ou unha mala decisión”, afirmou.

Neste sentido, advertiu de que “hai unha evidencia: hai unha redución ou desaparición de pisos de alugueiro” e alertou de que isto “afecta ás familias e aos mozos que queiran alugar de xeito tradicional ou con carácter permanente unha vivenda”.

Verea asegurou tamén que o debate debería centrarse en “defender que o que pasou noutras cidades non vai pasar en Santiago”, pero pediu ao goberno local que “non altere os datos, que son públicos para calquera persoa que entre nunha páxina web dun instituto de estatística ou do observatorio de vivenda”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *