AD

Política

Borja Verea: «É necesario traballar en materia de vivenda e abandonar as políticas do pasado de BNG, CA e PSOE»

today16 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Hai que poñer en marcha iniciativas modernas que logren incrementar a oferta de vivenda e a prezo asumible, como o Bono Vivenda, un programa solvente de aluguer, que incentivaría aos propietarios a sacalas ao mercado garantindo a súa renda.
  • Durante a xuntanza no Foro Cívico, tamén falou de iniciativas económicas que convertan Santiago nunha cidade competitiva, como sería a oficina SantiagoInviste, centrada en facilitar a creación de emprego, un escenario favorable que consolide a implantación de novos emprendedores en Santiago.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, acompañado polos concelleiros José Antonio Constela, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, mantivo esta semana unha reunión cos representantes do Foro Cívico, na que lles transmitiu cales son as prioridades do Partido Popular para a capital de Galicia, os obxectivos que a capital de Galicia debe acadar para ser competitiva con respecto a outras cidades e recuperar tamén a ambición de ser referente internacional.

Borja Verea destacou que a vivenda é un dos puntos importantes nos que deben mudar as políticas que levan desenvolvendo os distintos gobernos BNG, CA e PSOE, que frean o crecemento da cidade, o que provoca unha evidente falta de vivenda e un incremento do prezo da xa existe.

Verea considera necesario poñer en marcha iniciativas modernas que logren incrementar a oferta e a prezo asumible, co fin de que ningún compostelán ou mesmo os estudantes universitarios teñan que marchar a vivir fóra de Santiago. Para isto, unha das súas medidas prioritarias é a mobilización de inmobles baleiros con actuacións como o Bono Vivenda, un programa solvente de aluguer, que incentivaría aos propietarios a sacalas ao mercado garantindo a súa renda.

Con esta ferramenta, o Concello pagaría as mensualidades desde o principio e, a partir de aí, pasaría a xestionar o alugueiro deses inmobles, poñéndoos a disposicións dos mozos, das familias, das persoas sen recursos e xente maior, a un prezo asequible.
En Compostela, tamén existen bolsas de solo que seguen pendentes de desenvolverse, pero necesitan un novo pulo, polo que hai que reactivar esas áreas de crecemento, co fin de construír máis vivendas.

Durante a xuntanza, o popular tamén falou de iniciativas económicas que convertan Santiago nunha cidade competitiva, como sería a Oficina SantiagoInviste, centrada en facilitar a creación de emprego, un escenario favorable que consolide a implantación de novos emprendedores en Santiago.

Tamén neste eido, asegurou Verea, é importante eliminar licenzas e trámites innecesarios, o Concello ten que estar ao servizo dos veciños e dos autónomos e pequenas empresas, e non ao revés, a Administración local non pode ser a primeira en provocar retrasos inxustificables, que causen un colapso administrativo que dana tamén o tecido económico e imposibilita moitos investimentos.

Outra das iniciativas propostas por Borja Verea é o Fondo Santiago Inviste, que suporía unha axuda financeira inmediata aos proxectos que xeren emprego e valor engadido á Santiago, que podería executarse con préstamos participativos ou apoio capital.

Subliñou tamén que Compostela ten que deixar de vivir dándolle as costas á Universidade, unha institución que sempre foi un eixe importante para economía da cidade, polo que hai que aproveitar todo o que esta institución pode aportar, tanto no eido da investigación como elemento atractivo para a ubicación de empresas e como impulsor da chegada de estudantes a Santiago.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%