Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 noviembre, 2025
20 de novembro de 2025. O Concello de Brión vén de abrir inscricións no programa Concilia Nadal 2025, un programa de conciliación familiar dirixido a familias empadroadas no municipio e con crianzas nadas entre os nados 2013 e 2022. O servizo prestarase no pavillón polideportivo municipal durante dez días (22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de xaneiro e o 2, 5 e 7 de xaneiro), en horario de 8:00 a 15:00 horas.
As fichas de inscrición poden descargarse da web municipal (concellodebrion.gal). O Concello de Brión convoca un total de 40 prazas, a un prezo de 25 euros. As inscricións poden realizarse na sede electrónica municipal ou presencialmente no Rexistro Auxiliar do centro social polivalente antes do 26 de novembro.
Terán prioridade para acceder a este programa de conciliación aquelas crianzas pertencentes a unidades familiares que poidan documentar a ocupación de ambos proxenitores durante eses días de vacacións escolares. Tamén serán prioritarios aqueles casos recollidos na norma reguladora do “Plan Corresponsables”, é dicir, familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou unidades familiares con outras cargas relacionadas cos coidados. Finalmente, terase en conta a renda per cápita da familia solicitante.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)