AD

Comarca

Brión forma novos produtores para lanzar os seus produtos ao mercado

today7 abril, 2026

Fondo
share close
AD

7 de abril de 2026.- O Concello de Brión convoca unha nova edición dos seus cursos de formación para incorporarse ás cociñas colaborativas do coworking “Transformando en Brión”, pertencente á Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña. Un cursos que terán lugar entre o 10 e o 29 de abril, tempo no que o alumnado aprenderá a manexar os equipos dispoñibles nas instalacións do centro comercial Montebalado para poder así elaborar os seus produtos coas maiores garantías sanitarias e vendelos directamente a particulares, empresas, colexios…

Así, os futuros produtores e produtoras recibirán formación teórica e práctica sobre limpeza e desinfección das instalacións. Ademais, para facilitar o envasado e venda dos seus produtos, aprenderán tamén a utilizar ferramentas informáticas, a demostrar a trazabilidade das súas elaboracións e coñecerán que documentación precisarán para comercializalas. Finalmente, e para poñer en valor a iniciativa, o alumnado será consciente tamén dos custos que supón a utilización destas instalacións de Montebalado, postas en marcha polo Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela.

Inscricións

As inscricións están abertas ata o 9 de abril en emprego@concellodebrion.gal ou no teléfono 981 88 70 06 (Ext. 47). A cota de inscrición é de 50 euros. O curso está organizado polo Concello de Brión, que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través da Rede Provincial de Espazos de Traballo, e da asociación Daquídarredor, formada por usuarios do coworking e que xestionan estas instalacións.

O espazo colaborativo brionés comezou a funcionar en 2019 e desde entón a súa demanda non fixo máis que aumentar. A maioría delas pertencen ao municipio de Brión e municipios veciños, como Ames, Negreira ou Rois, pero tamén hai unha significativa presenza de produtores das comarcas de Santiago, Barbanza e Terra de Soneira, así como de lugares tan distantes como Ourense ou Vigo.

 

 

 

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *