Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
8 de marzo 2024.- “Concentrámonos nesta praza co fin de reivindicar a igualdade real entre mulleres e homes. Pois a igualdade formal témola adquirida dende hai moito tempo, pero a igualdade real, a que se palpa na práctica, a que vai máis aló da norma escrita é a máis difícil de conseguir, posto que supón unha transformación profunda no conxunto da sociedade, que ten que partir das actitudes individuais”. Con estas palabras, a concelleira de Igualdade de Brión, Rosa Romero, daba comezo á lectura do manifesto institucional do Concello de Brión polo 8 de marzo, Día da Muller.
Unha concentración presidida polo alcalde Pablo Lago Sanmartín e na que tomaron parte todos os grupos políticos municipais. Rosa Romero insistiu en que “as mulleres non pedimos un trato preferencial, o único que pedimos é xustiza social” por iso “hoxe e o resto do ano queremos reivindicar un novo modelo social, máis xusto e igualitario, libre de discriminación por razóns de sexo ou xénero. Hoxe e sempre, o Concello de Brión a prol da igualdade”.
A programación especial do Concello de Brión polo 8M rematará o vindeiro 12 de marzo, co segundo dos obradoiros “Reconectarme a través da creatividade”, dirixido a mulleres maiores de 16 anos. Unha iniciativa na que as mulleres participantes aprenden a conectarse coas súas emocións a través da creatividade, o xogo, o movemento e as artes.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)