Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 diciembre, 2023
Adscrito tamén á comisión de Dereitos da Familia, Bugallo asegura que se trata de cinco foros nos que haberá “oportunidade de levar as inquedanzas dos composteláns e do conxunto dos galegos: “falaremos do tren e das conexións ferroviarias tanto de mercadorías como de viaxeiros, tamén da construción e remate das novas estacións intermodais”.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023. O senador pola provincia de A Coruña, Sánchez Bugallo, foi elixido vicepresidente da Comisión de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 do Senado. Tamén forma parte das comisións de Defensa, Dereitos da Familia, Vivenda e Transportes: “cinco comisións nas que agardo ter oportunidade de levar as inquedanzas dos composteláns e do conxunto dos galegos”.
Bugallo confía en que na comisión de Transportes haxa posibilidade de falar “do tren e das conexións ferroviarias tanto de mercadorías como de viaxeiros”, así como da construción e remate das novas intermodais de Santiago, Ourense, Lugo e A Coruña.
Asegura o que fora alcalde de Santiago que se trata, a mobilidade, dun “elemento fundamental no conxunto das cidades, tamén en Galicia, e moi vencellado á aplicación da Axenda 2030 e das zonas de baixas emisións”.
Sobre a comisión de Dereitos Sociais, insiste Sánchez Bugallo, trátase de unha cuestión que vai “á nosa propia esencia como socialista”, comprometéndose a traballar “pola igualdade e a mellora de oportunidades e dereitos para as persoas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade”
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)