Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 febrero, 2024
Os atranques dos Xenerais da Ulla terán lugar baixo carpa no campo da festa a partir das 20:00 horas
Boqueixón, 10 de febreiro de 2024.- Sergude celebra mañá domingo 11 de febreiro as súas festa de Entroido, que inclúen a partir das 20:00 horas un dos famosos Atranques dos Xenerais da Ulla, festa declarada de interese turístico de Galicia. A festa dará comezo ás 11:00 horas coa saída do campo da festa dos Xenerais, Correos e Coros, que percorrerán esta parroquia de Boqueixón acompañados da música do grupo local Son de Gaita.
Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 20:00 horas actuará o grupo Cantos da Terra, que ao rematar o seu concerto dará paso aos Coros de Entroido, acompañados novamente polo grupo Son de Gaita. A iso das 20:00 horas está previsto que se realicen os Atranques dos Xenerais da Ulla, que escenificarán os seus tradicionais enfrontamentos dialécticos por parellas nos que farán sátira de asuntos locais, de política ou do corazón acontecidos durante o ano. Ao remataren os atranques sortearse a carretilla do Entroido e o Dúo Dilema porá o fin de festa.
Dende a Comisión de Festas de Deseiro de Abaixo confirman que haberá un amplo aparcadoiro gratuíto a carón do campo da festa, onde haberá unha carpa, se ben as últimas previsións de Meteogalicia indican que será unha tarde fría pero con pouca chuvia
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)