AD

Comarca

Capital Voskov, gañador do Queixo Maquetón 2025

today28 enero, 2025

Fondo
share close
AD

A organización da Festa do Queixo 2025 ten o pracer de anunciar que Capital Voskov é o gañador do concurso Queixo Maquetón 2025, un dos momentos máis destacados da programación cultural da festa.

A banda é coñecida pola súa capacidade para mesturar sons innovadores con letras impactantes e enerxía escénica, conquistou ao xurado e ao público, destacando entre unha competición reñida con propostas musicais de gran calidade. Nesta edición, Zeltia Irevire e Supercremalleras completaron a listaxe dos tres finalistas. Estes grupos tamén destacaron polo seu gran talento, ofrecendo propostas únicas que enriqueceron o certame e fixeron moi complicado o traballo do xurado.

Este ano, o Queixo Maquetón conseguiu un récord de participación, duplicando o número de concursantes con respecto á edición anterior. “Desde a organización, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as bandas e artistas que enviaron as súas propostas, facendo deste concurso unha verdadeira celebración da música emerxente e do talento creativo. Hai moito potencial artístico que debería ter máis visibilidade”, comenta Xesús Carril, alcalde de Arzúa.

Capital Voskov súmase así ao palmarés do Queixo Maquetón, un concurso que cada ano aposta por visibilizar e impulsar o talento musical emerxente, tanto de Galicia como do resto do Estado.

Este triunfo representa unha oportunidade para o grupo de levar a súa música a un público máis amplo e consolidar a súa traxectoria no panorama musical.

Pero ademáis, este ano a Festa do Queixo ten unha gran novidade: o adianto dunha hora nos concertos, co obxectivo de que máis familias e visitantes poidan desfrutar da música en directo.

Poderemos disfrutar da música de Capital Voskov o sábado 15 de marzo ás 20:30, estreando este novo horario que permitirá un maior acceso á experiencia musical da Festa do Queixo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *