Falece un operario tras caerlle unha árbore enriba en Outes
Un operario perdeu a vida esta mañá nunha zona de monte en Vilardigo, na parroquia de Cando, no concello de Outes, tras caerlle unha árbore enriba mentres traballaba. O aviso ao 112 Galicia produciuse ás 10:35 horas, cando un particular alertou do accidente. Segundo indicaba, o traballador quedara debaixo da árbore e podería estar xa falecido no momento da chamada. De inmediato, activouse un amplo operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Boiro, GES de Noia, Garda […]