AD

Comarca

2370 Resultados / Página 106 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Xeados, frappés ou coulant de Kinder Bueno: as novas tentacións de Cervecería Delicias en Carballo

Cervecería Delicias amplía a súa oferta en Carballo con doces de verán e propostas para todos os gustos Redacción, 22 de mayo de 2025.- O local de hostalería Delicias, situado no centro comercial Bergantiños, vén de presentar unha serie de novidades doces e frescas de cara á tempada de primavera-verán. Nunha entrevista emitida en Radio Líder Santiago, Iris Brandón, responsable do establecemento, repasou os novos produtos que están a introducirse e falou da filosofía do local: ofrecer sabor, comodidade e […]

today22 mayo, 2025

Actualidad

Arzúa, moito máis que queixo: deporte, natureza e dinamización rural

A concelleira Begoña Balado presenta a nova estratexia turística de Arzúa con iniciativas como a BTT “Arzúa Destino Verde”, rutas guiadas, tardeo nas tabernas e protestas pola falta de transporte interurbano. O Concello de Arzúa está a dar un paso máis na súa estratexia turística para diversificar a oferta e amosar o municipio como un espazo atractivo durante todo o ano, sen depender exclusivamente do tirón do Camiño de Santiago. Así o explicou Begoña Balado, concelleira de Turismo, Comercio e […]

today22 mayo, 2025

Comarca

A central do cobre de A Estrada cesará a súa actividade o 27 de maio

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, sinala que queda completado así o proceso de eliminación das antigas liñas de cobre no municipio. Aínda que non se agardan incidencias relevantes nesta última fase, dende o Concello recoméndase verificar coas compañías contratadas que a liña está correctamente adaptada. A Estrada, 22 de maio de 2025.- O edil estradense de Novas Tecnoloxías do Concello da Estrada, Manuel Magariños, informou esta mañá de que o vindeiro martes, 27 de maio, está programado o […]

today22 mayo, 2025

Comarca

O alcalde de Boqueixón anuncia unha forte inversión en infraestruturas municipais

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participou este mércores nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde avanzou parte da axenda cultural e de investimentos do Concello, con especial protagonismo para o Pico de Maio, a festa tradicional que se celebra no Pico Sacro, "a montaña máis simbólica de Galicia", segundo palabras do propio rexedor. "Xa o dicía Castelao no seu último discurso en Bos Aires: o Pico Sacro é o altar de Galicia", lembrou Rodeiro, reivindicando o valor cultural e […]

today22 mayo, 2025

Comarca

A Estrada vivirá a XII Carreira Nocturna o 21 de xuño

A inscrición quedará aberta este venres, manténdose ata o 19 de xuño. Preludio das festas patronais de San Paio, os participantes percorrerán de noite un circuíto urbano de 4 quilómetros, con dúas voltas para a categoría absoluta. A Estrada, 22 de maio de 2025.- O Concello da Estrada, en colaboración con Atletismo A Estrada, ten xa moi avanzada a organización dunha nova edición -a duodécima- da carreira popular Estranoite, tamén coñecida como a Nocturna Estradense. O evento marca, tradicionalmente, o […]

today22 mayo, 2025

Comarca

Milladoiro acolle este venres un torneo a prol da investigación da heteroplasia ósea progresiva

Poderase colaborar xogando o torneo, asistindo a un cóctel solidario ou mercando unha camiseta. Inscricións en Squash Santiago 21 de maio de 2025. Squash Santiago, 2mas academia de tenis e pádel e Golan Squash Academy organizan o torneo benéfico “Raquetas en acción” a favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH). Unha iniciativa solidaria que terá lugar este venres 23 de maio, a partir das 17:00 horas, nas instalacións do club de tenis-pádel Squash Santiago no Milladoiro. Todas as […]

today21 mayo, 2025

Comarca

Ames dará comezo este xoves á segunda edición do seu ciclo de monólogos

Desde este xoves, día 22, ata o domingo, día 25, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a segunda edición do Ciclo de monólogos do Concello de Ames. Aínda quedan entradas dispoñibles para calquera das sesións, poden adquirirse a través da Billeteira electrónica Esta edición mestura figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuarán o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor […]

today21 mayo, 2025

Actualidad

VIDEO | A segunda edición de Baila con Ames contará con 3.900 euros en premios

Hoxe presentouse a segunda edición do concurso Baila con Ames, un certame que tivo a súa estrea no verán de 2024 e contou cunha gran acollida entre o público amesán Este ano repartiranse 3.900 euros en premios e haberá tres categorías de participación: individual, parellas ou tríos e grupos (de 4 a 12 persoas) e, ademais, cada bailarín só poderá participar nunha única actuación por categoría A fase de selección celebrarase no Milladoiro o vindeiro 28 de xuño, mentres que […]

today21 mayo, 2025

Comarca

Padrón acollerá o sábado 14 de xuño unha quedada fotográfica con visitas guiadas

• A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que queiran participar e dispoñan dunha cámara ou dun móbil • Os participantes asistirán a un faladoiro sobre fotografía e visitarán a vila, o xardín botánico, o convento de Herbón e a Casa de Rosalía • As inscricións están xa abertas na páxina web de Padrón Turismo Padrón. 21-5-2025.- A comunidade de creadores de fotografía e vídeo Fotowalk Galicia e Padrón Turismo programan unha quedada fotográfica para o […]

today21 mayo, 2025

AD