AD

Comarca

2483 Resultados / Página 167 de 276

Fondo
AD

Comarca

O BNG de Ames denuncia falta de persoal no servizo de pediatría do Centro de Saúde de Bertamiráns

O grupo municipal considera que se trata dunha estratexia planeada do goberno do PP para seguir desmantelando a sanidade pública O pasado mes de agosto o BNG de Ames levou a pleno unha moción,que se aprobou por unanimidade, na que se esixía á Xunta de Galicia a dotación do persoal necesario que garantise a atención pediátrica pola tarde no centro de saúde Ames, 19 de decembro de 2024. Xa daquela o grupo municipal facíase eco das demandas das sanitarias, que expresaban a súa preocupación tanto polo estado no que se atopa o […]

today19 diciembre, 2024

Comarca

Localizado con vida o octoxenario perdido en A Estrada

Os axentes da Garda Civil atopárono en bo estado nunha pista forestal tras un amplo dispositivo de busca no que colaboraron os drons da Axega e que se dilatou durante a madrugada. O home saíra co seu coche a dar un paseo cando se desorientou e acabou perdido nunha pista forestal. De feito, foi o seu afillado quen alertou ao 112 Galicia pasadas as 18:30 horas para sinalar que recibira unha chamada do implicado, desorientado. O seu terminal estaba vinculado a […]

today19 diciembre, 2024

Comarca

Ames celebrará unhas Prebadaladas accesibles a persoas con discapacidade auditiva

O alcalde e a concelleira de Promoción Económica agradecéronlle a colaboración aos patrocinadores e animaron á xente a “achegarse a Ames para ser os primeiros en celebrar o novo ano” Repartiranse bolsas con cotillón para os adultos, bolsas con lambetadas e batidos para os máis pequenos e 8 mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva No evento tamén se entregarán os premios da Xincana Xove e actuarán as gañadoras da última edición do Canta con Ames Ames, 18 de […]

today18 diciembre, 2024

Comarca

A deportista amesá Olivia Parga gana a Liga Nacional de Karate

Esta pasada fin de semana, do 13 ao 15 de decembro, celebrouse en Pontevedra a fase final da Liga Nacional de Karate, onde participaron os oito mellores karatekas de España. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría de xuvenil <37 kg Este novo éxito, sumado aos resultados que xa obtivera nas anteriores xornadas de Avila e Tarragona, fixo que fose proclamada Grand Winner de España 2024. Ademais, o seu irmán, Xoan David Parga […]

today18 diciembre, 2024

Comarca

Arzúa presentou o cartel e a imaxe gráfica do 50º aniversario da Festa do Queixo

Un tributo visual ás queixeiras, aos visitantes, as traballadoras e traballadores e ao pasado, e presente e futuro da Festa do queixo e a súa tradición. A muller queixeira como protagonista: simbolismo, tradición e esforzo nos carteis da 50.ª edición. A Queixería Barral foi o escenario elixido para a presentación dos cinco novos carteis conmemorativos da Festa do queixo, un evento emblemático que celebra este ano o seu 50 aniversario. Os carteis, elaborados cunha técnica de ilustración que utiliza unha paleta de […]

today18 diciembre, 2024

Comarca

Brión aproba a licitación do contrato da auga por 13,7 millóns

O contrato da auga sairá a licitación en xaneiro e o do novo alumeado deberá estar formalizado antes do 18 de xuño de 2025 18 de decembro de 2024. A unanimidade caracterizou a derradeira sesión plenaria ordinaria do Concello de Brión, na que se aprobaron dúas propostas da Alcaldía que suporán un investimento de 16,5 millóns de euros no municipio sen ningún tipo de debate. O alcalde, Pablo Lago, agradeceu o apoio dos tres grupos municipais á súa proposta, “que […]

today18 diciembre, 2024

Arte y Cultura

O Concello de Padrón convoca o XI Certame poético Rosalía de Castro

• O premio está dotado con 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora • Poderán presentarse obras inéditas en galego cun mínimo de 400 versos • O prazo de presentación vai do 3 de xaneiro ao 17 de marzo Padrón.18-12-2024.- O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro. Este certame literario ten como obxectivo promover a poesía en lingua galega e renderlle homenaxe á […]

today18 diciembre, 2024

Comarca

Arredor de 450 persoas participan na visita do Apalpador en Ames

Arredor de 450 persoas reuníronse o pasado venres pola tarde no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns para recibir o Apalpador, que visitou Ames xunto ao Pandigueiro e a Banda da Montaña. Estiveron acompañados da música do Ce Orquestra Pantasma. A figura tradicional do Nadal galego, interpretada por Anxo Moure, agasallou á cativada con contos, cantos e cunha amizade de por vida. As nenas e nenos que visitaron ao Apalpador levaron consigo unhas pequenas árbores traídas da Serra do […]

today17 diciembre, 2024

Comarca

O Pino aproba un orzamento de 5,71 millóns

O Concello contará para o vindeiro ano 2025 cunhas contas que medran un 15% respecto ás do presente exercicio A maior partida de gastos dedícase ao Servizo de Axuda no Fogar, á recollida e tratamento de residuos e ao mantemento da nova depuradora de Arca O alcalde destaca a boa xestión económica do equipo de goberno, que mantén o Concello sen débeda con entidades bancarias      O Pino. 17-12-2024.- O Concello do Pino contará para o vindeiro exercicio 2025 […]

today17 diciembre, 2024

AD