AD

Comarca

2483 Resultados / Página 168 de 276

Fondo
AD

Comarca

César Carracedo gaña o X Concurso ‘Imaxes de Boqueixón’ cunha aurora boreal no Pico Sacro»

Boqueixón, 17 de decembro de 2024.- “Aurora boreal dende o Pico Sacro”, unha fermosa vista nocturna dende o cumio do monte Ilicino do xornalista coruñés César Carracedo Pose foi a gañadora da décima edición do Concurso de Fotografía “Imaxes de Boqueixón”. Un certame convocado polo Concello de Boqueixón para fomentar a creación artística e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio. O xurado do certame, composto por Adolfo Enríquez, fotógrafo; Javier Carnota, […]

today17 diciembre, 2024

Comarca

O Concello de Rianxo renova o firme en Quintáns (Isorna)

O Concello de Rianxo vén de finalizar os traballos de renovación do firme no núcleo de Quintáns, na parroquia de Isorna, tras acometer importantes actuacións relacionadas co saneamento e abastecemento de auga potable en toda a aldea. As obras, financiadas a través do Plan Único da Deputación da Coruña cun orzamento superior aos 215.000 euros, permitirán conectar unhas 35 vivendas á depuradora existente, eliminando unha zona de risco de vertidos ao río Ulla. Ademais, solucionarán os problemas de abastecemento que […]

today17 diciembre, 2024

Comarca

Hadasa: unha loita veciñal en A Pobra para derrubar 21 anos de desleixo municipal

  Os habitantes de A Ribeiriña e O Conchido, no concello de A Pobra do Caramiñal, están fartos de 21 anos de promesas incumpridas e mentiras por parte das corporacións municipais sobre o futuro da antiga fábrica de fariña de peixe Hadasa. A nave, en estado ruinoso dende 2003, representa un risco evidente para a seguridade veciñal, segundo denuncia Samuel Domínguez, presidente da asociación veciñal, nun comunicado remitido a Radio Líder. "Levamos 21 anos agardando unha solución que nunca chega, […]

today17 diciembre, 2024

Arte y Cultura

Seis grupos locais protagonizaron o concerto de Nadal de Ames

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 15 de decembro, o tradicional concerto de Nadal no que actuaron diferentes grupos de baile e música tradicional do noso concello O evento, enmarcado dentro da programación de Nadal en Ames, estivo protagonizado pola actuación de Os Castros, Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo do Colón, As Maianas e a Requinta da Maía (A. C. Follas Novas) Ames, 16 de decembro de 2024.- O auditorio da […]

today16 diciembre, 2024

Arte y Cultura

A Requinta da Laxeira e a Escola de Música de Santa Cruz de Rivadulla arrasan en Compostela

As dúas formacións encheron o auditorio Abanca nunha actuación sorprendente que terá continuidade en Vedra o próximo ano O compositor Pablo Pascual salientou que o concerto permitiu “achegar ao público un encontro natural, orgánico e respectuoso da música máis académica coas músicas da tradición” 16 de decembro de 2024.- O auditorio Abanca de Santiago quedou pequeno para acoller á marea de persoas que se desprazou de Vedra a Compostela para seguir o concerto especial que ofreceron A Requinta da Laxeira […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Ames organiza unha nova iniciativa para este Nadal, a Gladiator Race Kids

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca que “a realización da primeira Gladiator Kids é unha nova iniciativa para este Nadal, que está dirixidas a nenos e nenas e as súas familias” Trátase da primeira edición da Gladiator Race Kids, que se vai a realizar na área deportiva do Milladoiro a partir das 16.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os menores poderán ir acompañados dun adulto Haberá […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Baldomero Iglesias Dobarrio, nomeado Fillo Adoptivo de Mesía

O pasado sábado, 14 de decembro, celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Mesía un emotivo acto no que Baldomero Iglesias Dobarrio, máis coñecido como “Mero”, foi nomeado Fillo Adoptivo deste municipio. O evento, que comezou ás 12:00 horas, congregou arredor de 130 persoas, entre elas autoridades locais, veciños, antigos compañeiros do CPI Xanceda, músicos, poetas, membros de asociacións culturais, e, por suposto, a familia e os amigos do homenaxeado. Entre as personalidades destacadas que asistiron ao acto atopábanse […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Dodro entrega o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O poeta Miguel Cavadas Docampo recibiu este sábado o XXXVII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, que organiza o concello de Dodro, do que foi gañador pola obra “Himno nacional”. O CPI de Dodro acolleu na tarde do pasado sábado o acto de entrega do XXXVII premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que organiza anualmente o concello. O poeta Miguel Cavadas recibiu o premio de mans do alcalde, Xabier Castro, e do concelleiro de Cultura, Ramón Abuín. O xurado do certame […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Ames continúa sendo o Concello máis transparente de Galicia

  O alcalde de Ames, Blas Garcia, sinala que “é unha boa nova que Concello de Ames sexa recoñecido novamente como o concello máis transparente de Galicia, ademais mellorando os datos da última avaliación do primeiro trimestre do ano, e subindo no ránking de concello de España. O noso obxectivo é que a veciñanza do noso concello teña coñecemento da xestión e procedementos que se fan dende a administración local. Imos seguir traballando para seguir mellorando os índices que miden […]

today16 diciembre, 2024

AD