AD

Comarca

2368 Resultados / Página 200 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Nace “Frades Enerxía” co obxectivo de xerar enerxía renovable e reducir a factura da luz

O acto de constitución da asociación tivo lugar onte mércores e contou coa participación de 32 veciños e veciñas 18 de xullo de 2024.- O Concello de Frades, xunto a un total de 32 veciños e veciñas, vén de constituír a asociación “Frades Enerxía”. Esta asociación permitirá aos veciños e veciñas unirse para xerar e compartir enerxía renovable, reducindo significativamente os seus custos de enerxía e contribuíndo ao mesmo tempo ao coidado do medio ambiente. O acto de constitución da […]

today18 julio, 2024

Actualidad

Ames actualizará de forma anual as taxas dos servizos de conciliación conforme ao IPC

En canto ao servizo de Comedor escolar chegouse ao acordo de que o tramo que vai do 30 ao 50% do IPREM non suba, así como a creación de dous novos tramos: do 300 ao 400% do IPREM e outro de máis do 400% Os tramos do 50% ao 70% do IPREM e do 70% ao 90% terán un custo menor que na actualidade Bos días Cole, Tardes divertidas e Lúdicos non serán obxecto de modificación, mentres que na Escola […]

today18 julio, 2024

Actualidad

Este sábado celébrase unha nova edición de Noites en Vela na Ponte Maceira

Trátase dun evento que une aos concellos de Ames e Negreira dende o ano 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Este ano os encargados de amenizar a noite serán o coro “Son Elas”, que darán paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada. O acceso ao evento é de balde O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destaca que “As Noites en Vela […]

today18 julio, 2024

Actualidad

O servizo de recollida de voluminosos de Silleda tratou máis de 1.300 toneladas de residuos no último lustro

Manuel Requeijo e Asunción García, concelleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, fan balance do lustro de vida deste servizo A recollida faise a solicitude da veciñanza a través do teléfono 900 909 744 Silleda. 18.7-2024.- Silleda leva xa cinco anos ofrecendo un servizo de recollida porta a porta de  mobles, enseres e voluminosos para que a veciñanza non estea obrigada a trasladar este tipo de residuos ata o punto limpo. Para facer uso deste servizo, a persoa interesada tan […]

today18 julio, 2024

Actualidad

Arzúa demanda melloras cruciais a Augas de Galicia

O Concello de Arzúa mantivo unha produtiva reunión con Augas de Galicia para abordar varios proxectos de mellora que beneficiarán ao noso concello. Entre os temas tratados destacan a limpeza e drenaxe dos ríos do concello, a ampliación da traída de augas en Arzúa, e a recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo, no río Viso. Limpeza e drenaxe dos ríos A primeira das demandas trasladadas foi a limpeza e drenaxe dos ríos do concello, centrando os esforzos na […]

today18 julio, 2024

Actualidad

«Imos seguir crecendo, e mais, moita xente de Santiago vén de compras e aos bares a Ames»

Blas García, alcalde do Concello de Ames, fixo balance recentemente do seu primeiro ano de goberno nunha entrevista en Radio Líder Santiago, destacando un ano intenso de moito traballo. A decisión máis importante que tiveron que tomar foi se gobernar co BNG ou en minoría cos oito concelleiros do PSOE. Finalmente, decidiron gobernar en solitario despois das experiencias vividas nos últimos dous mandatos de goberno cos nacionalistas. Tamén lembra que a metade do grupo de goberno é novo en política […]

today17 julio, 2024

Actualidad

Dous atletas do club de atletismo MillaRaio participan no Campionato de España Máster

O pasado 6 e 7 de xullo celebrouse en Alcobendas o Campionato de España Máster ao aire libre, onde acudiron, representando ao club MillaRaio, David López Vilariño e Purificación Cariñena Amigo David acadou a medalla de bronce no salto de altura M50 e a sétima posición nos 100 metros valados, mentres que Puri competiu en 100m, 200m e 400m na categoría F50, e acadou na carreira de 400 metros a sétima posición cun excelente rexistro Ademais, dende O MillaRaio fan […]

today17 julio, 2024

Actualidad

Boqueixón insta a Correos a manter os 3 carteiros durante o verán

Boqueixón, 17 de xullo de 2024.- O Concello de Boqueixón vén de solicitarlle á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e ao Ministerio de Facenda e Función Pública que doten do persoal suficiente para manter a normalidade na prestación do servizo no  municipio durante as datas de verán. Dende o Concello estiman que o número necesario de carteiros/as é 3, que son os que actualmente distribúen a correspondencia entre as distintas parroquias de Boqueixón durante o resto do ano. O […]

today17 julio, 2024

Actualidad

Preto de 500 rapaces e rapazas de Ames participan nos campamentos de verán

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado da concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, e do concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, visitaron aos rapaces e rapazas que están participando no campamento da granxa escola El Kiriko, en Fornelos de Montes, do 14 ao 17 de xullo. Ademais, visitaron as instalacións do Cámping Paisaxe II, situado no Grove, onde tamén acudiron mozos e mozas de Ames O alcalde, Blas García, explica que “os campamentos de verán é […]

today17 julio, 2024

AD