AD

Comarca

2368 Resultados / Página 209 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Hamburguesa con patacas fritidas para remartar o curso en Ames

As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritidas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o xeado artesán de vainilla Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares Ames, 20 de xuño de 2024.- As nenas e nenos usuarias da Rede […]

today20 junio, 2024

Actualidad

O BNG esixe o cumprimento da Lei de Memoria Democrática en Ames

O concelleiro Alexandre Espinosa, presentou por dúas veces rogos no Pleno de Ames para que a simboloxía franquista  fose retirada do noso concello pero non foron atendidos. A  lei 20/2022 de 19 de octubre de 2022 de Memoria  Democrática  obriga ás  administracións públicas no exercicio das súas competencias e territorio a adoptar as medidas oportunas para a retirada de ditos elementos. A deputada de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra, achegouse onte á parroquia amesá de Lens convidada polo Grupo […]

today20 junio, 2024

Actualidad

Frades destina máis de 33.000 euros en axudas ás entidades sen ánimo de lucro do municipio

O Concello de Frades vén de convocar as axudas económicas a entidades culturais, clubs deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal (Anpa, Asociación de Mulleres Rurais, grupos folclóricos...). Unhas axudas ás que destinará un total de 33.450 euros e que poden solicitarse durante o prazo dun mes, a contar dende o mércores 19 de xuño. O alcalde, Roberto Rey, explica que “os criterios que se aplicarán para a […]

today20 junio, 2024

Actualidad

Brión recibe unha axuda de 2,7M€ do MITECO para cambiar 3.118 puntos de luz

Pablo Lago destaca que este proxecto “permitirá cambiar a LED todo o alumeado público de Brión, cubrir todas as zonas con déficit de luz, reducir o consumo nun 65% e aforrar máis de 132.000 euros/anuais” María Rivas subliña que nesta convocatoria foron adxudicatarios na provincia os concellos de Betanzos, Brión, Fene, Moeche, Tordoia e Val do Dubra, ascendendo o importe concedido a 6,6 millóns de euros 20 de xuño de 2024. O Concello de Brión recibirá unha axuda de 2.770.900 […]

today20 junio, 2024

Actualidad

O BNG do Pino reclama que os taxis do concello poidan operar no Aeroporto de Santiago

Presenta unha moción na que demanda ao goberno municipal que se dirixa á Xunta para que teñan dereito a recoller persoas nas instalacións Propoñen que se concedan permiso ao sector dun concello "no que está instalado unha parte importante do aeroporto e á que se lle quitaron de maneira inxusta" O Pino, 20 de xuño de 2024.- O BNG do Pino, a través do seu portavoz Xosé Luís Vidal Brocos, solicita ao goberno municipal que demande á Xunta a concesión de […]

today20 junio, 2024

Actualidad

Primeiro ano de mandato en Ames: “Somos un goberno en minoría, pero valente e responsable»

O voceiro do grupo de goberno, Víctor Fernández, que destacou “este primeiro ano de mandato foron 366 días de intenso traballo. A valoración política que facemos desde o goberno é moi positiva, tanto en termos de xestión como de acción política O alcalde, Blas García, fixo un repaso do traballo realizado durante o último ano nas diversas áreas municipais. Quixo tamén falar da política fiscal municipal: “Somos un goberno en minoría, pero somos un goberno valente e responsable. Temos que […]

today19 junio, 2024

Actualidad

Arzúa abre ao público este venres a Oficina de Turismo

A Concellería de Turismo e Promoción Económica de Arzúa ten o pracer de anunciar a apertura da Oficina de Turismo de Arzúa, que estará dispoñible para atender ao público a partir do venres, 21 de xuño de 2024. A oficina, situada na Rúa Peregrino, s/n, está preparada para recibir aos visitantes e proporcionar toda a información necesaria para gozar plenamente da riqueza cultural e natural da nosa vila. Este ano, Arzúa agarda unha tempada de moitas visitas, grazas ao interese […]

today19 junio, 2024

Actualidad

A Xunta compromete 10M€ para a construcción dun novo Centro de Saúde en Noia

Este martes, Antonio Gómez Caamaño, o novo conselleiro de Sanidade, realizou a súa primeira visita ao Concello de Noia. Durante a súa estadía, visitou o actual centro de saúde e comprobou de primeira man a parcela ofrecida polo Concello ao goberno galego para a construción dun novo centro de saúde. Durante a súa intervención, o conselleiro anunciou que este mesmo verán sairá a licitación a redacción do proxecto do novo centro de saúde. Este novo centro promete ser ben dimensionado, […]

today18 junio, 2024

Actualidad

As visitas teatralizadas continúan a explorar a historia e o patrimonio cultural de Padrón

O Concello anuncia o programa para os meses de xullo a setembro O grupo teatral Os Quinquilláns e Suso Martínez serán os encargados de guiar aos asistentes nos diferentes escenarios Todas as actividades son gratuítas e están abertas ao público previa inscrición na web de Padrón Turismo Padrón. 18-06-2024.- O Concello de Padrón anuncia o programa de visitas teatralizadas para esta tempada coas que ofrece aos residentes e turistas unha oportunidade única para explorar a rica historia e o patrimonio […]

today18 junio, 2024

AD