AD

Actualidad

Teo plantexa fixar os días da Ascensión e do San Martiño como festivos locais no ano 2025

today31 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Unha vez aprobada a proposta, darase traslado do acordo á Xefatura Territorial da
     Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
  • Entre outro temas, levarase hoxe ao Pleno a aprobación da bonificación do 50% do
  • Imposto sobre construcións, instalacións, obras e servizos (ICIO) á Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (Aspamite)

Teo (A Coruña), 31 de xullo de 2024.- O Concello de Teo levará hoxe ao Pleno do mes de xullo a proposta da Alcaldía sobre os festivos locais para o ano 2025, entre outros asuntos.

Así, vista a tradición deste Concello, proporase ao Pleno da Corporación fixar como festivos locais os días da Ascensión (29 de maio) e do San Martiño (11 de novembro), dado que se que vén fixando dende hai moitos anos como festas locais neste municipio. Unha vez aprobada a proposta, darase traslado do acordo á Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Cómpre sinalar que o 11 de novembro, festividade do San Martiño, ten unha gran importancia para o municipio teense. De feito, trátase do evento socio-cultural e económico máis importante do concello, pois celébrase unha das feiras cabalares máis  antigas de Galicia, concretamente, con máis de 500 anos de historia. Un punto de encontro de veciños e veciñas de Teo, así como de xente de fóra, que atopa no San Martiño unha festa tradicional e cultural ineludible onde ademais da famosa trata de gando tamén hai espazo para os produtos locais e de calidade.

Doutra banda, dada a proximidade coa capital galega, cómpre tamén fixar o día da Ascensión como festa local teense, posto que milleiros de veciños e veciñas de Teo acoden a celebrar esta festividade en familia.

Outros temas

Outro dos temas que se levarán hoxe ao Pleno será a bonificación do 50% do Imposto sobre construcións, instalacións, obras e servizos (ICIO) á Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (Aspamite).

Tal e como recolle a Ordenanza fiscal reguladora deste imposto do Concello de Teo, poderase aplicar a dita bonificación naquelas obras levadas a cabo por asocacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a asistencia e integración social ou desenvolvemento de actividades culturais de libre acceso e participación. Así, as obras a realizar por Aspamite consisten na eliminación de barreiras arquitectónicas e o acondicionamento do recinto exterior.

Así mesmo, tamén se levará a Pleno a aprobación das actas das sesións extraordinaria do pasado 30 de xuño e ordinaria do 26 de xullo; así como unha moción do Grupo Municipal do BNG de Teo sobre a proposta da CIG por un traballo digno.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%