AD

Comarca

2475 Resultados / Página 264 de 275

Fondo
AD

Actualidad

O Mercamelide de inverno celebrará a súa XXX edición os días 24 e 25 de febreiro

      A feira do comercio local contará cun servizo gratuíto infantil para facilitar as compras ás familias. Os comercios socios de ASETEM poden inscribirse a través da asociación mentres que os non asociados terán que facelo no concello. O prazo de inscrición finaliza o martes 20 de febreiro. O Concello de Melide anuncia que o Mercamelide de Inverno 2024, a feira do comercio local melidao que reúne os produtos dun bo número de establecementos do municipio con descontos […]

today22 enero, 2024

Actualidad

Jacobo Corbacho e Mónica Touriño gañan o título de canicross no VII Mushing de Rois

      Máis de 50 deportistas participaron este domingo na segunda proba da Liga Galega As chuvias dos últimos días enlamaron o circuíto e engadiron dureza á competición O alcalde, Ramón Tojo Lens, e o concelleiro de deportes, José Luís Ares Martínez, entregaron os trofeos aos gañadores das modalidades patín, canicross e bikejoring Rois, 22-01-2024.- Máis de 50 deportistas participaron este domingo 21 de xaneiro na sétima edición do Mushing Concello de Rois, unha das citas máis esperadas no […]

today22 enero, 2024

Actualidad

Arzúa traballa para que a Festa do Queixo sexa declarada de Interese Turístico Nacional

      A concelleira de Comercio, Turismo, Promoción Económica e Obras no Casco do Concello de Arzúa, Begoña Balado participaba recentemente nunha entrevista en Radio Líder Santiago. A edila socialista conversou co director da emisora, Álvaro Veiga, sobre distintos aspectos destacadas da actualidade da terra do queixo, como a recente campaña no comercio local durante o Nadal, co sorteo de 3000 euros en vales de compra entre aqueles que mercaron nesas datas en Arzúa. A responsable de Obras no […]

today20 enero, 2024

Actualidad

A Casa dos Capeláns acolle ata o 29 de febreiro a mostra do 150 aniversario do ferrocarril en Galicia

    O alcalde de Padrón inaugurou esta tarde a exposición, que conta con paneis informativos, fotografías e obxectos vencellados á historia do tren Estará aberta ata o xoves 29 de febreiro de luns a sábado A visita é unha excusa excelente para achegarse na Fundación Cela á locomotora que tirou do primeiro tren galego Padrón. 19-1-2023.- A Casa dos Capeláns, en Iria Flavia, acolle desde esta tarde a exposición ‘150 aniversario do primeiro ferrocarril galego’ coa que se recorda […]

today19 enero, 2024

Actualidad

O amesán Jorge Pérez, campión galego da categoría máster 30 de ciclocrós

    Jorge Pérez, ciclista do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, vén de proclamarse campión galego da categoría máster 30 no campionato de Galicia disputado o pasado 7 de xaneiro no concello de Cambre O campionato de Galicia supón o final de temporada na comunidade galega e nesta carreira decídese o campión de cada categoría. Jorge Pérez completou esta esixente proba chegando á liña de meta en primeira posición, o que lle valeu o título de campión galego da […]

today19 enero, 2024

Actualidad

O Entroido dos Xenerais da Ulla cumpre dez anos como Festa de Interese Turístico de Galicia

      19/01/2024 A Cidade da Cultura acolleu o acto de presentación do programa da Festa deste ano, que terá lugar do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro. Os oito concellos da comarca natural da Ulla presentaron o programa do Entroido dos Xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, que neste ano celebrarase do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro con múltiples atranques organizados polas agrupacións veciñais dos case 30 lugares e parroquias nos que […]

today19 enero, 2024

Actualidad

Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre de 2024

      O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames presentou esta mañá as diversas propostas de animación infantil que conforman o programa Apego para o primeiro semestre do 2024. Este ano inclúe música, teatro, arrolos, obradoiros e ata unha viaxe á Ribeira Sacra. A programación comeza o vindeiro xoves 1 de febreiro co espectáculo “Prende no colo”, dirixido a familias con crianzas de 0 a 3 anos, e para o que será necesario inscribirse entre o 24 […]

today19 enero, 2024

Actualidad

Ames organiza o martes de Entroido a segunda edición do cocido dos maiores

      Trátase dun xantar que se celebrará o martes 13 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón do Milladoiro. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames A temática da festa deste ano será os anos 20. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “Ames é o concello máis novo de Galicia, pero iso non significa que deixemos […]

today19 enero, 2024

Actualidad

O concurso de Entroido da Baña repartirá 3.350 euros en premios

    Recoñeceranse os mellores disfraces nas categorías de carrzoas, comparsas, grupos e individual O desfile percorrerá as rúas Castelao e Tedelle a partir das 16.30 horas e os participantes farán unha pequena actuación diante da escola de música As inscricións poderán realizarse ata o 14 de febreiro a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro A Baña. 19-1-2023.- O Concurso de  Entroido da Baña, que se desenvolverá na tarde do 18 de febreiro, repartirá un total de 3.350 […]

today19 enero, 2024

AD