AD

Comarca

2475 Resultados / Página 265 de 275

Fondo
AD

Actualidad

Boqueixón presenta o programa da 41ª Festa da Filloa de Lestedo

      A Festa da Filloa e o Alto dos Xenerais da Ulla, festas de interese turístico de Galicia, terán lugar o domingo 18 de febreiro Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal, presentaron esta mañá no CIFP Compostela o programa da 41ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o domingo 18 de febreiro. […]

today18 enero, 2024

Actualidad

Preséntase a terceira edición da xornada de innovación “InnovAmes”

      Trátase dunha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrará o vindeiro 26 de xaneiro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que estarán presentes empresas referentes en innovación afincadas en Ames Nel tamén participarán varios centros educativos amesás como son o IES de Ames, o IES de Milladoiro, o CEIP Agro do Muíño e o CEIP de Barouta. Estes tres últimos contarán co seu propio stand no evento A concelleira de Promoción Económica, […]

today18 enero, 2024

Actualidad

O Pino ultima a instalación do contedor marrón en Pedrouzo

      A previsión é que os colectores para residuos orgánicos estean plenamente operativos a partir do venres 26 de xaneiro As persoas que queiran colaborar na reciclaxe deberán solicitar no Concello unha copia da chave para abrir estes contedores O Pino.18-1-2024.- O Concello do Pino está a piques de completar a instalación dos contedores marróns no núcleo urbano de Pedrouzo. A vindeira semana, estes colectores específicos para residuos orgánicos estarán operativos, marcando un paso crucial cara a xestión […]

today18 enero, 2024

Actualidad

Arzúa sortea 3000 € da Campaña de Nadal en 50 premios

      Arzúa sortea 3000 € en 50 tarxetas regalo: 10 premios de 100 € e 40 premios de 50 € O venres 19 de xaneiro publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas Arzúa, 18 de xaneiro de 2024. Onte celebrouse o sorteo da campaña de Nadal Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal , na Capela da Madalena, a mans do secretario municipal, Alfonso Alcalá, acompañado pola concelleira de Promoción Económica do Concello de Arzúa e coordinadora […]

today18 enero, 2024

Actualidad

Arzúa anuncia a convocatoria do concurso de disfraces e de elaboración de mecos

      Xoves, 18 de xaneiro de 2024. Con motivo do Entroido 2024 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza dous concursos para fomentar a participación activa e a preservación destas tradicións. Por unha banda, convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces para o domingo 4 de febreiro ás 17:00 horas no Multiusos Terra do Queixo con máis de dous mil euros en premios para repartir entre catro categorías. Despois do éxito do ano pasado […]

today18 enero, 2024

Actualidad

O auditorio de Rois acolle unha xornada de formación do Club de Debate

    Participan mozas e mozos procedentes de Carballo, Santa Comba, Val do Dubra, Ames, Santiago, Teo e Rois A fase clasificatoria do certame celebrarase en febreiro en Santa Comba e a final será en Val do Dubra o 13 de abril 17-01-2024. O auditorio municipal de Rois acolleu este mércores, 17 de xaneiro, unha actividade de formación sobre o Club de Debate, unha actividade organizada polos departamentos de normalización lingüística de varios concellos, entre os que figura Rois. O […]

today17 enero, 2024

Actualidad

Rois convida ao alumnado a participar no concurso de carteis do Día da Muller

      Empregará os mellores traballos para anunciar os actos que organice co gallo do 8M A rapazada ten ata o 23 de febreiro para presentar as súas propostas Entregaranse dous premios por cada unha das nove categorías 16-01-2024. Rois. O Concello de Rois convoca un concurso de carteis, dirixido ao alumnado dos centros educativos do municipio, centrado na conmemoración do Día da Muller o vindeiro 8 de marzo. Os traballos poderán entregarse ata o día 23 de febreiro […]

today17 enero, 2024

Actualidad

A Baña repite Torneo de Pádel os días 27 e 28 de xaneiro

      A organización aumenta a dez o número de categorías en xogo A inscrición, aberta ata o mércores 24 de xaneiro, farase por parellas e terá un custo de 5 euros para cada unha das persoas integrantes Haberá obsequios de benvida para todos os participantes A Baña. 16-01-2024. Tralo éxito da primeira edición disputada o pasado mes de novembro coa participación de 27 parellas, as pistas do pavillón de Lañas acollerán os días 27 e 28 de xaneiro […]

today16 enero, 2024

Actualidad

Boqueixón celebra os avances na tramitación do Campus de I+D promovido en Sergude

      O proxecto de interese autonómico someterase a información pública ata o 12 de febreiro Boqueixón, 16 de xaneiro de 2024.- O Concello de Boqueixón celebra os avances na tramitación do Campus de I+D que a empresa Santos Equipamento de Interiores SLU promove no parque empresarial de Sergude. Un proxecto de interese autonómico (PIA) fechado en agosto de 2023 e que vén de ser sometido a información pública ata o 12 de febreiro de 2024. Unha información accesible […]

today16 enero, 2024

AD