AD

Comarca

2368 Resultados / Página 50 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Dimite o alcalde de Agolada tras ser inhabilitado nove anos polo TSXG

O alcalde de Agolada, Luis Calvo Miguélez, presentou oficialmente a súa dimisión despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmase a súa inhabilitación durante nove anos para exercer cargos públicos. A decisión chega tras meses de presión política no municipio, onde tanto o BNG como o PP reclamaban a súa saída inmediata ao coñecerse a sentenza. Nun comunicado publicado nas súas redes sociais, Calvo subliñou que a súa renuncia “non supón o fin da súa actividade política” […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

A Deputación apoia o proxecto do Mercado municipal de Ames coa achega dun millón de euros

Esta mañá estiveron Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, onde o Concello de Ames pretende realizar a construción do Mercado municipal de abastos e que conta con financiamento provincial, da Xunta, de fondos europeos e municipal O Mercado municipal de Ames está incluído dentro do Plan Conecta Ames e a súa licitación está prevista para o primeiro semestre de 2026 Tamén visitaron o edificio da Escola Municipal de Música, onde se investiron 245.302 euros para o cambio da cuberta do […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

Vertedura no porto de Ribeira, o BNG propón accións para evitar novos vertidos

O Grupo Municipal do BNG vén de denunciar a vertedura previsiblemente contaminante rexistrada o pasado 16 de novembro no porto de Ribeira, consecuencia da saída de augas fecais a través dunha condución destinada unicamente á evacuación de auga procedente do río que descende pola rúa Rosalía de Castro. A formación nacionalista alerta de que o episodio revela posibles conexións irregulares de augas residuais a canalizacións de pluviais, unha situación que, de confirmarse, suporía unha “vulneración das normas ambientais e de […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

Desmantelan unha organización criminal con 1.500 plantas de marihuana en naves de Oroso e O Pino

Un operativo antidroga desenvolvido de forma conxunta polas unidades da Garda Civil de Santiago e Sigüeiro permitiu desarticular unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas, tras a detención de seis persoas e a incautación de máis de 1.500 plantas de marihuana en dúas naves situadas nos municipios de Oroso e O Pino. A denominada operación “Smell”, dirixida polo Xulgado de Arzúa, arrincou despois de que os axentes detectasen consumos irregulares de electricidade en ambas localidades, o que os levou […]

today21 noviembre, 2025 2

Comarca

A 51ª Festa do Queixo de Arzúa celebrarase o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo

O Concello de Arzúa anuncia oficialmente as datas da 51ª edición da Festa do Queixo, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo. Considerada unha das celebracións gastronómicas máis emblemáticas e antigas de Galicia, a festa reafirma o seu papel como referente cultural e turístico da comunidade. Desde o ano pasado, a Festa do Queixo forma parte da Ruta Europea do Queixo, un recoñecemento que sitúa Arzúa no mapa ñ internacional das grandes tradicións […]

today21 noviembre, 2025

Comarca

Tren turístico, inchables, música e o sorteo dun iPhone 16 no Día do Comercio Local de Arzúa

A concelleira de Promoción Económica, Begoña Balado, deu a coñecer onte o programa de actividades nun encontro cos representantes dos comercios e locais hostaleiros que participan nesta edición. Arzúa, 21 de novembro de 2025. A Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa avanza nos preparativos dunha nova edición do Día do Comercio Local, que se celebrará do 6 ao 8 de decembro. Begoña Balado presentou onte a programación completa nunha reunión que contou coa participación […]

today21 noviembre, 2025

Comarca

Chus Campos chama a “dar un paso adiante” e crear unha asociación de comerciantes de Padrón

O Concello de Padrón prepárase para vivir un Nadal cheo de novidades, cunha aposta clara pola dinamización turística e comercial. A concelleira de Turismo, Festas e Comercio, Chus Campos, anunciou que por primeira vez o municipio contará cunha pista de xeo natural, de 240 metros cadrados, instalada ao lado do pavillón do Souto. Estará aberta desde o 5 de decembro ata o 11 de xaneiro, baixo carpa para garantir o seu uso en calquera condición meteorolóxica. “Veño contar aquí moitas […]

today21 noviembre, 2025

Actualidad

Doval denuncia que a Deputación “leva meses dando voltas sen sentido” ao proxecto da Avenida da Grabanxa

O rexedor orosán acusa á Deputación da Coruña de bloquear a remodelación da Avenida da Grabanxa, un investimento de preto dun millón de euros, e anuncia que o Concello refará o proxecto cos seus propios fondos para evitar máis atrasos. O alcalde de Oroso, Álex Doval, expresou con claridade o seu malestar pola situación do proxecto da Avenida da Grabanxa, unha obra de case un millón de euros que segue “completamente estancada” por decisións da Deputación da Coruña. Así o […]

today21 noviembre, 2025

Comarca

O Concello amplía ata o 30 de novembro o prazo de inscrición para establecementos na campaña ‘Bonos Padrón’

A iniciativa supera xa os cincuenta negocios adheridos A participación non ten ningún custo para comercios, hostalería e aloxamentos que se sumen A gran resposta confirma que os locais ven na campaña unha ferramenta útil para incentivar as compras durante o mes de decembro Padrón. 21-11-2025.- A campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas está a recibir unha resposta moi positiva por parte dos negocios do municipio. O Concello agradece esta acollida polo que decidiu ampliar o prazo de […]

today21 noviembre, 2025

AD