AD

Comarca

2368 Resultados / Página 48 de 264

Fondo
AD

Comarca

Brión substitúe 3.145 puntos de luz por LED nun plan que aforrará un 62% de enerxía

Pablo Lago destaca que este proxecto suporá “unha das maiores inversións da historia do noso concello e permitirá a mellora e modernización integral do alumeado público municipal” O alcalde confirma que “a obra xa está adxudicada e ten un prazo de execución de 8 meses, polo que os traballos comezarán en breve” e “permitirán un aforro anual de máis de 132.000 euros” 28 de novembro de 2025. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e secretario de Estado de Enerxía […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

Ames acende o alumeado de Nadal o xoves 4 de decembro

Este ano o acto de acendido do alumeado de Nadal chega con importantes novidades. A primeira é que o acto comezará a partir das 17.45 horas co reparto do tradicional chocolate con churros. Deste xeito, poderase degustar o chocolate e mailos churros mentres se goza da actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música de Ames e dos coros de Bertamiráns e O Milladoiro do programa Amessán O acto de acendido será ás 18.00 horas e as […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

O alcalde de Lousame suprime as achegas aos grupos políticos

O alcalde adianta que “esa partida vaise eliminar porque considero que é unha fonte de problemas e é unha forma de ser máis transparentes e evitar problemas de cara ao futuro tal e como vemos noutros sitios” 28 de novembro de 2025.- O Concello de Lousame elimina as achegas aos grupos políticos municipais. Así o anunciou o alcalde, Esteban Ares García, no pleno ordinario celebrado na noite de onte xoves na que explicou que “para min estas achegas aos grupos […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

A Estrada acenderá o Nadal o 5 de decembro cun acto solidario protagonizado polos máis pequenos

Os nenos de todos os centros educativos do municipio están chamados a sumarse ao evento. Serán rapaces da Estrada cos que colabora o colectivo Asanog os encargados de pulsar o botón que acenderá todo o alumeado de Nadal da vila. Recolleranse fondos para esta asociación, que axuda a mellorar a vida de menores afectados por cancro en Galicia. Haberá tamén un chocolate solidario a prol da entidade e moita animación de rúa. O séquito A Rombos co Nadal percorrerá o […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

Rianxo destina máis de 300.000 € en melloras de abastecemento, saneamento e vías en Leiro e Taragoña

O Concello de Rianxo vén de adxudicar dúas importantes actuacións en materia de abastecemento, saneamento e mellora viaria, que permitirán avanzar na modernización das infraestruturas municipais en distintas parroquias. Por unha banda, quedou aprobada a obra para a ampliación das redes de abastecemento de auga e saneamento nos núcleos de Or e Meiquiz, na parroquia de Leiro. Esta intervención solucionará a evacuación de augas fecais en todas as edificacións do lugar e permitirá conectalas á rede municipal de abastecemento. Ademais, […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

Rianxo celebra un aumento de poboación tras anos de baixada constante

O Concello de Rianxo vén de confirmar a cifra definitiva de poboación a 1 de xaneiro de 2025 tras a revisión realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Logo dos axustes efectuados sobre a proposta inicial, o municipio fixa o seu número de habitantes en 10.758 persoas. O dato supón un punto de inflexión logo dunha longa etapa de descenso demográfico. Entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 1 de xaneiro de 2024, Rianxo perdeu de media máis […]

today28 noviembre, 2025

Actualidad

Empresarios padroneses colaboran co Concello aportando máis de 21.000 euros para o alumeado de Nadal

O alcalde agradece a aportación das once firmas, que permite mellorar a iluminación no rural e no casco histórico, axudando a dinamizar o pequeno comercio e a hostalaría local “A colaboración público privada beneficia a cidadanía e fai de Padrón un punto de referencia do Nadal en Galicia”, di Anxo Arca Padrón27-11-2025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, recibiron esta mañá na alcaldía a representantes das once empresas que este ano […]

today27 noviembre, 2025

Comarca

Padrón recada un millón de euros en recibos atrasados do mercado dominical

• O alcalde Anxo Arca subliña que “era necesario actuar con responsabilidade e ordenar unha situación que acumulaba anos de atrasos” • O equipo de goberno valora que "o deixamento na xestión dun sector que máis dinamiza o noso concello amosa o estado no que se atopaba a administración anterior" • Os ingresos recuperados permiten mellorar os servizos públicos e garanten un funcionamento máis xusto, transparente e eficiente do histórico mercado dominical Padrón. 27-11-2025.- No último ano, o Concello de […]

today27 noviembre, 2025

Comarca

Rianxo encara 2026 cunha ambiciosa remodelación da fachada marítima e a posta en marcha do Centro de Día

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, foi o punto de partida dunha conversa ampla con Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, quen repasou a actualidade municipal e social nunha entrevista na que reivindicou a loita pola igualdade, a responsabilidade institucional e o compromiso co municipalismo. “Tristemente temos que seguir marcando este día no calendario para denunciar a violencia que sofren as mulleres polo simple feito de selo”, afirmou Bustelo, lembrando que en Rianxo “todas as administracións […]

today27 noviembre, 2025

AD