Rianxo renovará o firme do paseo marítimo entre Rinlo e a praia do Pazo
O pleno municipal aprobou —cos votos favorables de Rianxo en Común, Partido Popular e BNG— o proxecto co que Concello de Rianxo concorrerá ao POS+ Adicional 4/2025 da Deputación da Coruña. A actuación conta cun orzamento de 227.360,21 euros e permitirá a renovación integral do firme do paseo marítimo que conecta Rinlo coa praia do Pazo, un dos espazos máis transitados tanto por veciñanza como por visitantes. Segundo recolle o proxecto técnico, retirarase o actual pavimento de lousas para substituílo […]